30.11.10

A CREACIÓN DUN PLAN DE EMPREGO É A PRINCIPAL PROPOSTA DO BNG PARA A REDACCIÓN DOS ORZAMENTOS DO 2011.

Os nacionalistas de Fene veñen de rexistrar un documento titulado “Criterios e porpostas para a redacción dos orzamnetos do 2011” O obxectivo do BNG coa presentación deste documento é a de marcar un ritmo de traballo no goberno municipal para que os nosos veciños e veciñas vexan mellorados os servizos e as obras que presta o concello no vindeiro ano 2011.

Para o BNG é un reto fundamental que o concello poda ter uns orzamentos en vigor para o ano próximo. A sociedade de Fene non pode permitirse perder outro exercio tal e como aconteceu no ano 2009, onde o Puentes foi incapaz de sacar unhas contas adiante ou o caso deste 2010 no que os orzamentos aprobados no verán deron pouco de sí.

Se o PSOE traballa sobre as bases que lle propoñemos desde o BNG non terán problema en cumprir por unha vez no seu mandato co obxectivo de ter os orzamentos aprobados a principios de ano.

Para o BNG o rigor no gasto e a optimización dos ingresos son elementos fundamentais na xestión do diñeiro público. Tendo en conta a situación de grave crise económica e desemprego apostamos decididamente por un Plan de emprego que ao tempo que crea postos de traballo mellore as infaestructuras municipais como rúas e beirarrúas, colexios, cunetas e sumidoiros.

Unha factura pendente é a reducción da morosidade do Concello, polo que axilizar os pagos a proveedores é outra necesidade imprescindible facendo un Plan de saneamento que permita por ao día estes pagos ea sí mellorar a economía das empresas provedoras.

29.11.10

O BNG PREGUNTA POLA DEMORA NO INICIO DAS OBRAS NO PORTO DE BARALLOBRE

Fene 29 de novembro de 2010.-Os deputados nacionalistas Bieto Lobeira e Ana Luisa Bouza veñen de rexistrar unha pregunta relativa ás obras de mellora do peirao de Barallobre.

As melloras nesta instalación son unha demanda histórica do sector do marisqueo e a pesca no noso concello e que o BNG ven apoiando e damandando con firmeza. Teñen sido moitas as promesas e é tempo xa de que os compromisos pasen a ser realidades.

O 16 de abril formailizouse a licitación para a adxudicación da obra cun prazo de execución de oito meses. Dous meses máis tarde, o 18 de maio, o Presidente de Portos de Galiza visitaba Barallobre para confirmar a inminencia do inicio das obras. Sete meses despois da visita non teñen dado comenzo as obras. Debido a esta situación os nacionalistas de Fene trasladamos a nosa preocpación aos deputados do grupo paralamentar para que preguntasen na cámara galega;

1) Por que razón se incumpriron os prazos previstos en relacións ás obras de mellora no Porto de Barallobre?

2) Cando darán comenzo?

3) Cando rematarán?

Para o portavoz do BNG no concello, Manuel Polo, afima que ” o goberno de Feijoo ten moitos compromisos sen inciar no noso concello e desde o BNG non imos quedar pasivos e perdendo oportunidades de investimentos necesarios para os nosos veciños e veciñas, agardamos que nesta ocasión as obras do porto comencen antes do fin do ano.

19.11.10

O CONCELLO É DO POBO NON DE IVAN PUENTES

Fene, 19 de novembro de 2010.- No día de hoxe dende as 12:30 da mañá o Concello de Fene sumouse ao peche convocado unilateralente polo alcalde socialista de As Pontes, Valentín Formoso. No caso de Fene o alcalde tamén socialista Puentes, decidiu por conta propia, e facendo un uso partidista da institución pechar o concello desde as 12:30 horas. O BNG non participou desta decisión arroutada e non entendemos que motivación ten máis alá de manter un doble discurso ante o Decreto do carbón que tan negativamente afecta ao concello pontés e a toda a comarca ferrolá.

O que máis caracteriza ao alcalde de Fene non é a de estar á fronte a alcaldía atendendo e esocitando aos veciños e veciñas, se non que calquera excusa lle vale para normalizar o seu absentismo no funcionamento normal da institución local. No día de hoxe, na mentras o concello permanecía pechado pola súa orde , el atopábase fora do ámbito territorial de Fene, andaba en Compostela coa maior naturalidade.

O Concello de Fene é do pobo, veciños e veciñas do noso concello e non dun alcalde ausente que usa a institución ao seu antollo e que por riba pouco aporta á loita contra o decreto do carbón con decisións exóticas como a de pechar o concello unilateralmente e sen aviso previo. Por riba toma unha decisión sen explicar o obxectivo do peche, nin manter unha presenza institucional para dar a cara ante a xente explicando o motivo do mesmo. Para o Portavoz nacionalista, Manuel Polo," os veciños e Fene merecen un alcalde próximo, que os escoite e atenda diariamente e non un aspirante a tertuliano"

18.11.10

O BNG ABANDONA A COMISIÓN INFORMATIVA DE FACENDA POLA FALTA DE INFORMACIÓN DO ALCALDE

Fene 18 de novembro de 2010.- O grupo municipal do BNG cumpriu a palabra comprometida no Pleno ordinario deste mes de novembro. Neste Pleno o portavoz municipal do BNG, Manuel Polo, advertiu ao Alcalde de que si non se entregaban as actas da Xunta de Goberno Local e do Pleno os nacionalistas deixarían de participar nas comisións informativas. O alcalde comprometeuse á saída do Pleno de entregar as actas pendentes desde xaneiro do 2010 da xunta de goberno local e de ver que problema había coas actas do Pleno pendentes dende agosto.

No BNG lamentamos ter que chegar a unha posición de forza máxima abandonando un órgano colexiado como é unha comisión informativa, pero é o único xeito que atopamos para que o Alcalde tome en serio as nosas peticións de información.

Os nacionalistas vimos denunciando a falla de transparencia do goberno socialista que no último ano tráducese na non contestación de ducias de preguntas por escrito ademais da omisión da entrega das copias das actas dos óganos colexiados.

No concello de Fene nunca se viron, nos últimos 30 anos, actitudes tan pouco comprometidas coa participación e o dereito á información que temos os cargos electos. Desde o noso punto de vista isto non é máis que a punta dun xeito de xestión errática e de costas á xente.

12.11.10

O concello ten paralizados compromisos de pago desde o ano 2008

Fene 12 de novembro de 2010.- O BNG quere denunciar o incumprimento reiterado do goberno de Puentes nos pagos. Como vimos denunciando os nacionalistas dende hai tempo este goberno gasta máis do que ten orzamentado, adquire compromisos que non cumpre e a piques de pechar a contabilidade do presente ano é incapaz de facer fronte a máis de un millón de euros en facturas a diferentes provedores e tampouco é capaz de cumprir cos acordos laborais asinados no ano 2008 cos empregados municipais.

A xestión de Puentes ao fronte do consistorio fenés é francamente mellorábel, o feito de que no ano 2009 non fose quen de sacar uns orzamentos e que os do 2010 fosen aprobados no verán, afondou máis se cadra na deficiente xestión económica do concello. Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo, “Puentes leva máis de tres anos na alcaldía sen implicarse na xestión do concello e repetindo as medias verdades da súa campaña electoral, preocupandose máis de sair na foto que por mellorar os servizos aos veciños”.

Os nacionalistas queren lembrar que solicitaron un informe á Intervención municipal que proxectara a debeda municipal dos últimos 5 anos. Este informe desmonta o argumento do alcalde de que reduciu a débeda municipal. A mesma mantense entre o 30 eo 40 por cen, moi lonxe do 110% permitido legalmente.

Contención do gasto?, un exemplo clarísimo da xestión de Puentes é a súa proposta de cambio de operador de telefonía móbil en xullo do 2009 que lle ía aforrar ao concello o 50% da factura segundo el mesmo afirmou. Revisados os gastos telefónicos desde 2005 vemos que no ano 2009 gastaronse 72.000€ cando ento os 4 anos anteriores non sesuperaron os 60.000€ de media.

Iniciativa nacionalista, o BNG presentará, nos vindeiros días, aos grupos políticos do concello unha batería de medidas para conter realmente os gastos e promover unha xestión sustentábel do concello.

11.11.10

O BNG CUESTIONA O TRABALLO DO GOBERNO NA REVISIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS

FENE 11 DE NOVEMBRO DE 2010.- A incapacidade do goberno socialista fai que se queden sos na aprobación da subida do IPC (2,1%) a parte das taxas e dos impostos que regula o concello. As ordenanzas chegan tarde sen apoios da oposición e cunha suba esttítica que podía estar fita hai 15 días que asegurara a súa entrada en vigor en prazo.

No debate portavoz nacionalista botou en falta unha proposta rigorosa e traballada que contemplase estudos económicos, actualización dos textos e unha progresividade adaptada aos tempos de crise nos que están vivindo numerosos veciños xubilados e desempregados. Para o BNG non é razonable que se faga unha subida estatística sen ter enconta a que e a quen se lle sube. Existen ordenanzas, como a da auga que fica conxelada por terceiro ano consecutivo sendo esta especialmente sensíbel á suba do perzo da auga en orixe e ao propio contrato coa empresa concesionaria. No BNG tememos que esta actitude de non enfrontar o problema vai abrir a fenda neste sevizo.

O BNG facilita, coa súa abstención, a aprobación das ordenanzas, xa que logo de 3 exercicios de conxelación e de implementación de novos feitos tributarios como a ordenanza que grava o espazo radioelectrico ás operadoras de telefonía móbil e a ordenanza dos caixeiros automáticos, este ano era o de revisar o fondo e a forma das ordenanzas de tal xeito que se garanta un equilibrio sostible nos servizos e ao mesmo tempo se manteña a capacidade de prestación dos mesmos favorecendo ás rendas máis baixas.

10.11.10

O BNG PREGÚNTALLE AO ALCALDE POLO IMPACTO DAS OBRAS DA DEPURADORA EN SAN VALENTIN E DO APARCADOIRO NA ESCOLA INFANTIL

Fene 9 de novembro de 2010.- Logo de recibir numerosas queixas de
veciños de San Valentín e Perlío, o grupo municipal do BNG preguntou
por escrito ao alclade de Fene, Ivan Puentes, polo impacto das obras
que se está a acometer a Xunta de Galicia para a dotación da
depuradora na marxe sur da ría que van de San Valentin ao concello de
Ares. Segundo varios veciños arricaronse árbores da zona verde da
contorna da zona do depósito que se está a construir neste barrio. Os
nacionalistas queremos saber se o alclade coñece o alcance das obras e
si se tomou algún tipo de medida.
Por outra banda outro grupo de veciños de Perlío manifestaron a súa
disconformidade co xeito co que está a ser executado o aparcadoiro
fronte a Escola infantil da Torre. Neste sentido BNG preguntou no
Pleno se a execución se adaptaba ao proxecto aprobado dentro das obras
do FEISSL 2010, a falta de contestación provocou que hoxe os
nacionalistas rexistraran unha solicitude de informe ao técnico
municipal conforme as obras se axuntan ao proxecto ademais dunha
copia do acordo cesión de terreo realizado por Navantia.

5.11.10

O BNG AFIRMA QUE O ALCALDE SUSPENDE EN TRANSPARENCIA

Fene 5 de novembro de 2010.- No Pleno ordinario do concello de Fene celebrado onte xoves ás 18:00 o alcalde socialista, Ivan Puentes, consumou unha serie de accións impropias dunha democracia. A convocatoria do Pleno foi a destempo tal e como indicou o Secretario municipal e por outra banda a orde do día non contiña máis que un único punto, a adhesión do concello de Cedeira á Mancomunidade de municipios de Ferrolterra, e ocultou dun plumazo as dúas peticións de comparecencia feitas polo BNG no Pleno do mes anterior, comaparecencias do Presidente da comisón de desenvolvemento territorial e da concelleira responsábel da emisora municipal. Iniciado Pleno pretendeu incluir estes asuntos, xunto con outros dictaminados os días previos en comisións informativas extraordinarias e que pola precipitación e falta de organización interna se acumularon ate 9 puntos fora da orde do día. O BNG non aceptou a proposta e esixiu dilixencia á hora de confeccionar a orde do día do Pleno. As comparecencias dos edís socialistas quedaron a petición dos nacinalistas para o Pleno ordinario de decembro. Desde o BNG tamén se puxo de manifesto que era vergoñento e inaudito que non se leven a aprobar as actas do Pleno desde marzo e que á oposición non se nos entregan as actas da xunta de goberno local, polo que advertimos ao alcalde que de non ser entregada a documentación os edís nacionalistas valoraremos a nosa asistencia aos órganos colexiados do concello.

Por último esixímoslle ao alcalde que nos respostara a máis dun cento de preguntas elaboradas por escrito e das que non deu conta algunha.

No debate do Pleno aprobouse a moción do BNG de adesión á Plataforma contra o decreto do carbón cos votos nacionalistas e populares e a abstención do PSOE e IU, por último tamén se aprobou unha moción consensuada polo BNG, IU e PSOE contra privatización dos servizos no centro educativo Souto de Leixa en Ferrol.

O Portavoz nacionalista no concello,Manuel Polo, afirma “que o goberno de Puentes está esgotado, non traballa, non ten os deberes ao día, non escoita aos veciños e lamentablemente sáltase as normas mínimas que teñen que rexir un concello democrático e transparente”

3.11.10

O BNG afirma que nas taxas e impostos non hai nin proposta, nin acordo, só vemos declaracións de intencións dun goberno esgotado

03/11/10 08:44 - xestor bng Fene 2 de novembro de 2010.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG de Fene, Manuel Polo, quere sair ao paso do que consideramos propaganda gratuita do alcalde de Fene e do seu goberno no relativo ás taxas e impostos do ano 2011. A día de hoxe nin hai proposta nin hai acordo aprobado. No día de hoxe celebrouse unha Comisión extraordinaria de Facenda na que non se aprobou taxa nin ordenanza algunha xa que non figuraba na orde do día. Para o Pleno do vindeiro xoves, que aínda non está convocado, non figura este asunto. O BNG na vontade de facilitar a actualización das ordenanzas sentámonos a negociar o mes pasado e fixemos propostas concretas. De feito entregamos polo rexistro de entrada un documento con 7 puntos moi esclarecedores de cal é a nosa postura. O único que observamos foi unha vontade do concelleiro de Facenda de subir o IPC(2,1%) algunhas taxas e o 5% a recolida do lixo e as actividades culturais e deportivas. No BNG non compartimos esa idea e menos tendo en conta que son criterios subxectivos e faltos de iniciativa e impulso no goberno local á hora de facer propostas positivas para a xente. O desinteres que está a ter o Alcalde en sacar este asunto adiante é de tal calibre que observamos que vai ser materialmente imposible efectivizar proposta algunha en tempo e forma, xa que como é sabido, o asunto ten que tratarse nunha Comisión informativa extraordinaria, logo convocar un Pleno extraordinario e logo remitir o acordo ao BOP e telo a exposición pública 30 días hábiles e para rematar enviar o anuncio ao BOE. Para cubrir este percorrido administrativo había que ter aprobados os novos documentos fiscais como moi tarde esta semana o cal xa vemos que non vai ser viábel. O BNG anima ao Alcalde a poñerse a traballar e sacar algún acordo en tempo e forma e sobre todo nun asunto tan importante como as ordenanzas fiscais do próximo ano. É posibel acadar un acordo pero traballando ordenanza a ordenanza, actualizando textos, mellorando a progresividade impositiva, facilitando o fraccionamento dos pagamentos e outras consideracións que temos feitas desde o BNG