14.2.12

O INFORME DA POLICIA NON ACONSELLA A DIRECCIÓN PROHIBIDA NA RÚA CASANOVA DE FENE

“O PP actúa de costas á maioría da xente e sen ter en conta os informes da propia policía”

O Grupo municipal do BNG socilicitou no pasado mes de xaneiro os informes técnicos e da policía que xustificasen a colocación do sinal de dirección prohibida na rúa Casanova en Fene. Ademais os nacionalistas pedimos todas as peticións a favor e en contra desta medida rexistradas polos veciños. Unha vez obtida a información podemos concluir que O PP actúa de costas á maioría da xente e sen ter en conta os informes da propia policía local. Na información solicitada atopamos un informe policial que valora diferentes posibilidades de creación dunha dirección única a petición dun grupo de 12 veciños e veciñas. Neste informe non hai ningunha conclusión taxativa, senon que se informa “(…) Ó parecer dos axentes a circulación nese tramo é dificultosa, mais no resto das vías que van a soportar o tránsito dos vehículos que non podan circular polo memo (principalmente Fonte do Campo, Fontenova e Sartego) tampouco pode dicirse que señan un seguro en canto a seguridade vial.”

Quere dicir isto que a dirección prohibida trasladará problemas de tráfico pero non os mellorará. Ademais os axentes informan da existencia dun parque municipal O parque Castelao que conta coa antigua casa de Cela. Edificio que en breve será rehabilitado para ser unha dependencia municipal. Coa dirección prohibida dificúltase o acceso a este equipamento municipal.

De costas aos veciños, 440 sinaturas solicitaron a retirada do sinal, xa que afecta en grande mendida a toda a zona residencial de O Sartego, A Casa Vella, A fonte do Campo, ademais de empeorar os accesos á Casa da Cultura dende O resto do concello, xa que esta medida obriga a pasar polos semaforos do cruce de Fene.

Desde o BNG entendemos a dificultade desta e outras rúas que non teñen o ancho que recolle o PXOM en todo ou parte do seu percorrido, pero a solución neste caso non é a dirección prohibida. Unha sinalización axeitada e xestionar a apertura do vial son medidas positivas que o BNG proporá na vindeira Comisión de Obras e Urbanismo.

0 Comments:

Enviar um comentário

Links to this post:

Criar uma hiperligação

<< Home