29.11.11

O BNG Fene abstense de apoiar a proposta do PP para o Plan de Obras da deputación

PP e PSOE coinciden de novo na votación do Pleno, aprobaron o orzamento para 2011, as taxas para o 2012, o creto ICO de case 400.000€ para pagar facturas pendentes e agora o aproban o POS. A proposta do PP estivo a disposición do BNG trinta minutos antes do Pleno, tempo “suficiente” para ver como o Informe da Secretaría municipal informa desfavorablemente os proxectos por cusetións formais.

No BNG coa nosa abstención quixemos dar unha oportunidade a que se realicen tres obras importantes para a nosa veciñanza, pero tomamos nota do xeito de traer as propostas ao Pleno, sen comisión previa e por vía de urxencia con escasísimo tempo material para ver o expedente. No plan de obras para 2012 o PP destina gran parte do mesmo para gasto corrente. O protavoz nacionalista Manuel Polo afirmou “nos apoiamos esta medida dentro dun proxecto económico de orzamento para o ano 2012, feito que non se deu e vemos lonxe de materializarse pola falla de proxecto do PP para Fene” “Coas medidas que veu tomando o PP as contas para 2012 non vanter marxe, vai ser política de feitos consumados polos compromisos adquiridos”

O BNG de Fene está sorprendido do gran apoio que está a prestar o PSOE de Iván Puentes ao PP. Contrasta a benevolencia socialista co PP coa dureza coa ambos partidos trataron ao BNG nos últimos anos de goberno nacionalista.