28.9.09

Fene, sen Policia municipal toda a fin de semana


O Bloque Nacionalista Galego quere avisar a toda a cidadania de Fene da inexistencia do servizo da Policia Municipal ao longo da pasada fin de semana. Nos últimos 30 anos os axentes locais cumprian coas súas funcións tamén nas xornadas de sábado e domingo, cun sistema de gardas e turnos que permitía o mantemento do servizo tamén en fin de semana e festivos. Por primeira vez na historia das Corporacións locais democráticas, a falla de previsión, desorganización e desleixo do grupo de goberno (PSOE) deixa a Fene sen ese servizo. Xa que logo, durante esta fin de semana non houbo quen se encargase de vixiar ou custodiar a Casa do Concello, ordenar, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico, instruir atestados por accidentes de circulación e a prestación de auxilio en casos de accidentes, catástrofe ou calamidade pública. Esas son algunhas das funcións da Policia Local que contempla o artigo 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade e máis a Lei de Coordenación das Policias Municipais de Galicia.
A Policia local de Fene conta con 12 axentes, número que, ata o momento foi suficiente para manter o servizo os sete dias da semana de 7 da mañá a 9,30 da noite. Segundo os nacionalistas, o alcalde de Fene Iván Puentes debe explicarlle á cidadanía as razóns polas que Fene queda sen este servizo ao longo do presente fin de semana. Para o BNG, Fene é un concello estratéxico, con problemas de tráfico incrementados na fin de semana. Ademáis da problemática ordinaria, esta fin de semana agárdase concentración de xente nas inmediacións da Casa do Concello, provocada pola Feira Franca Medieval, organizada na zona. O Bloque vai levar unha iniciativa nas comisións informativas para averiguar os motivos deste despropósito e poñer os medios para que estes males non se reproduzan no futuro.

20.9.09

O PSOE bate records en Fene


O PSOE bateu este ano 2009 o record do retraso na aprobación dos presupostos municipais, segundo denuncia nun comunicado o BNG de Fene.Na historia das Corporacións locais democráticas e con todo tipo de gobernos (en coalición, maioria absoluta ou goberno en minoria) nunca o Concello de Fene chegara ao mes de setembro, sen ter aprobada a previsión de ingresos e gastos municipais. O alcalde Iván Puentes perdeu este ano a oportunidade de utilizar o orzamento como arma para enfrontar a crise económica, realizar investimentos productivos e acometer obras para mellorar Fene. Os nacionalistas reclaman documentación complementaria para poder valorar o borrador das contas entregado a pasada semana, na súa xusta medida. Demandan o anexo coa relación detallada de investimentos, Oferta Pública de Emprego, a comparativa cos anos anteriores e a débeda total do concello. Segundo o Bloque, a realidade demostra que Ivan Puentes é refen das súas palabras, tanto como portavoz na oposición, cando criticaba ao BNG por aprobar as contas no primeiro trimestre do ano, ou na actualidade como Alcalde cando deu varias datas para aprobar os orzamentos que resultaron todas falsas. Desde o mes de febreiro leva dicindo que se aproban para a vindeira semana, afirma a formación nacionalista.
O BNG tamén lle pide ao PSOE que lle explique ao movemento asociativo de Fene (Entidades cidadáns, culturais, deportivas, Anpas, ...) o beneficio que a poboación deste Concello obtivo da regata na ria de Ares (3.000 euros) ou do concurso canino (7.500 euros) para que se incluian no borrador de orzamentos subvencións cuantiosas para os dous eventos citados.
Os nacionalistas entregáronlle hoxe aos socialistas un documento coas cuestións mínimas que deben incluir os presupostos, a xuizo do BNG. Estas cuestións son as seguintes:

Orzamentos municipais 2009
1.- O Plan de emprego de Fene debe definir un proxecto con obxectivos, finalidades e prazos.
2.- Cumprir cos investimentos acordados en decembro de 2008, a saber, remate da casa do Parque Castelao e o alumeado na estrada de Vilar do Colo a Limodre.
3.- Incrementar as partidas do Servizo de Axuda no fogar, emerxencia social, axudas ás familias, becas, e manter o gasto cultural e deportivo.
4.- Conxelación das partidas adicadas aos grupos políticos e asa signacións aos cargos públicos

5.- Incluir unha partida de 200.000 € para mercar terreos para executar viais e equipamentos incluidos no PXOM.
6.- Os cretos deben ir dirixidos a investimentos productivos.
7.- Cumprir os acordos asinados co Persoal do Concello, fundamentalmente O.P.E., fondo social e Plan de xubilación.
8-. Previa aprobación do orzamento ten que haber un acordo sobre o persoal de libre designación.

23.8.09

O Concello de Fene perde 3 cursos de formación ocupacional xa concedidos


O Bloque Nacionalista Galego de Fene vai presentar un escrito dirixido á alcaldía solicitando información acerca dos cursos de formación do Plan FIP concedidos pola Xunta de Galicia ao Concello de Fene no pasado mes de maio. Trátase de 3 cursos -1 de albanelería, 1 de encofrado e 1 de cachotería- aprobados no seu dia. A xunta local de goberno aprobou o pasado 11 de xuño as bases de contratación de monitores, con anuncio en prensa publicado o 14 do mesmo mes. No mesmo mes de xuño seleccionouse ao alumnado, que alcanza as 45 persoas, que recibirían unha bolsa axuda como mínimo de 125 euros ao mes. Esas persoas xa seleccionadas viven con certa intranquilidade a falla de noticias, e máis cando parece que a Xunta de Galicia lle retirou os cursos ao Concello de Fene, por non ter realizado a tempo a selección dos monitores. O BNG lembra que foi no ano 1986 cando o Concello de Fene planificou o primeiro proxecto de Formación Ocupacional. Dous anos despois o Instituto Nacional de Emprego (INEM) concedeu a Fene a categoría de centro colaborador e homologa a maior parte das especialidades que se impartían nos primeiros cursos de Formación Ocupacional. Fene convertérase, xunto con Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo e Corcubión, nun dos municipios da provincia, innovadores nesta área. Foron moitos anos de esforzo por dar unha oportunidade formativa e laboral a milleiros de xoves que estaban abocados a seguir sumando as taxas de paro. En 1991 o INEM aproba a creación da Escola Obradoiro de Fene, un proxecto máis completo de tres anos de duración, ás que seguiron outras iniciativas similares, impulsadas en boa medida polo concelleiro do BNG Francisco Allegue, falecido o 4 de setembro do 2005.

16.8.09

A ampliación do Instituto é urxente, para o BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Fene insta ao alcalde da localidade,o socialista Iván Puentes, a executar sen máis demora o acordo plenario adoptado en novembro do 2007 polo que se cedía unha parcela á Consellería de Educación da Xunta de Galicia para acometer unha ampliación do centro educativo.S egundo os nacionalistas, "van cumprirse dous anos do citado Pleno, e ainda non se executou o acordo, escudandose o alcalde en problemas técnicos de medición e segregación das parcelas". O Bloque afirma que a medición da parcela e a súa correcta inscrición no Rexistro da Propiedade é un trámite que en ningún caso xustifica un retraso de 20 meses desde a adopción do acordo". Por iso, o BNG manifesta a súa perplexidade pola actitude do PSOE no último pleno da Corporación, votando en contra da urxencia da moción que pedía celeridade nos trámites. Para os nacionalistas, "os ediles de todos os grupos temos que acudir á Xunta de Galicia para reclamar ese investimento, esgrimindo compromisos anteriores, xa que, desgraciadamente, a comunidade educativa do Instituto de Fene, está a pagar a inoperancia, inactividade e deixación do goberno local".

Adxúntase o texto da moción:

GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE FENE


Manuel Polo Gundín portavoz do GM do BNG no Concello de Fene, ao abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción:

SOBRE A AMPLIACIÓN DO IES DE FENE
Exposición de motivos:

A comunidade educativa de Fene ten manifestado en reiteradas ocasións a necesaria ampliación do centro educativo ubicado no lugar do Pazo en Barallobre (Fene) para unha mellor prestacion das súas potencialidades pedagóxicas. Esa necesidade fíxose máis urxente a raiz da segregación de centros entre o Instituto de Ensino Secundario e o Centro Integrado de Formación Profisional. Vense obrigados a compartir espazos e instalacións coa conseguinte merma na calidade educativa. O Pleno do Concello de Fene aprobou en novembro do 2007 a cesión dunha parcela á Consellería de Educación para facilitar a ampliación das instalacións e a desconxestión dos servizos educativos. A aparición de atrancos técnicos no Rexistro da Propiedade, levou á alcaldía de Fene a aparcar o expediente nun recuncho do seu despacho, sen pescudar solucións para resolver o problema. Iso a pesar dos rogos e insistencias do daquela concelleiro de Educación Edgar Vigo López.

Diante de todo isto, proponse ao CONCELLO PLENO a adopción dos seguintes
ACORDOS:

1.-Instar á alcaldía a executar o acordo plenario de novembro de 2007 e solventar os atrancos que poidan existir para ceder a parcela en cuestión á Consellería de Educación.
2.-Formar unha comisión con representantes de todos os partidos políticos, e das direccións do IES e do CEIFP de Fene e solicitar unha entrevista co Conselleiro de Educación para trasladarlle esta problemática.
3º.- Dar conta deste acordo á comunidade educativa dos dous centros afectados, ao delegado territorial da Xunta de Galiza, á Consellaría de Educación, e aos portavoces dos grupos parlamentarios do Parlamento galego.

Fene, a 15 de xullo do 2009

SR.ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FENE

31.7.09

O río Cádavo, 5 meses con fochancas


No mes de marzo anunciábase a bombo e platillo que o río Cadavo íaabrirse coa colaboración de Augas de Galicia. No BNG non nospronunciamos naquel intre agardando polos resultados das xestiónsrealizadas. Logo de 5 meses de espera pódese ver que as declaraciónsnon se transformaron en realidade e Perlío sigue tendo dúas grandesfochancas nas súas rúas, con valados provisorios que se caen e querepresentan un grave e continuo perigo de accidentes para peóns evehículos. Algúns veciños da zona xa se preguntan irónicamente "se norio se atopou ouro e non se tapan os furados para extraer o metalprecioso".
O BNG urxe ao Alcalde en repoñer a rúa e entubar o río. Onacionalistas feneses instan ao Alcalde a facer as cousas en serio enon con anuncios falsos que se están a dar por normais no nosoconcello. Os anuncios reiterados e incumpridos dan unha imaxe nefastada institución e son decepcionantes para a cidadanía.
O portavoz nacionalista, Manuel Polo, indica que o concello de Feneconta cun Plan de Urbanismo que contempla a solución do río Cádavo queimplica un traballo de xestión de terreos para poder abrir o cauce.Esta tarefa é prioritaria para poder implicar a Augas de Galicia nunproxecto de futuro. Neste sentido o BNG ve necesaria a colaboracióndas institucións, comezando polo compromiso da Xunta de Galicia.

10.9.08

Demandan a conxelación dos impostos municipais


O Bloque Nacionalista Galego diríxese ao alcalde de Fene Iván Puentes e lle prega a conxelación das taxas municipais. O BNG indica nun comunicado que, diante da evidente situación de crise económica que xa padecen numerosos cidadáns de Fene e de Ferrolterra en xeral, con elevados índices de desemprego que superan as taxas de Galicia e do Estado, o municipio fenés debe dar un paso adiante, para intentar paliar os efectos da recesión nos sectores sociais máis desfavorecidos. O vindeiro outono a Corporación debe debater unha hipotética modificación das ordenanzas fiscais para o 2009, onde se incluen impostos como o suministro de auga, saneamento, recollida de lixo ou rodaxe de vehiculos, entroutros. Os nacionalistas propoñen que acitada revisión se acometa, co criterio xeral da conxelación, independentemente de que estudos puntuais nalgunha ordenanza xustifiquen algun cambio. O BNG tamén demanda que os cambios propostos se contrasten co movemento asociativo como se ven facendo en Fene, desde 1979.

7.9.08

Fene integrará ao movemento asociativo nos orzamentos participativos


A Corporación de Fene integrará ao movemento asociativo no proceso de redacción dos orzamentos participativos, segundo se desprende do acordo plenario adoptado na tarde do pasado xoves. A iniciativa implica aconvocatoria ás entidades cidadáns antes do 30 de outubro para expoñerlle as liñas básicas dos orzamentos. Instase ás asociacións aconvocar asambleas veciñais no mes de novembro para recabar opinións e propostas para as contas municipais do 2009. O Concello comprométese a negociar as iniciativas cidadáns coas directivas das entidades. O procedemento pretende combinar unha estratexia participativa quefomente o interese cidadán polo funcionamento municipal e ao mesmot empo potencie o movemento asociativo, rede e tecido de estructuración e participación social permanente.
Segundo os nacionalistas, o Concello de Lugo tamén puxo en marchar ecentemente unha fórmula similar de orzamentos participativos,combinando a apertura ás iniciativas individuais co reforzamento dasasociacións veciñais.
A moción presentada polo BNG saiu adiante cos votos favorabeis dos nacionalistas, do PP e de EU.

Texto íntegro da moción

O fomento da participación cidadán é unha obriga inherente a calquerarepresentante político. Coincidimos xa que logo na preocupación portransformar a democracia representativa en participativa, arbitrandocanles para que a cidadanía decida o destino dos recursos municipais eiso vaia acompañado da definición das principais demandas epreocupacións veciñais en materia de investimentos públicos.Afondar esas liñas de actuación convertiráse nunha ferramenta paraaprofundar na democracia e para achegar a cidadanía ás instituciónslocais, e viceversa.Non obstante, a aplicación dunha metodoloxia nesta materia precisa docoñecemento previo da realidade. En Ferrolterra en xeral, e en Fene enparticular, o movemento asociativo conta cunha historia, cunha forza e tradiciónapreciable. Existen sociedades de máis de medio século de vida,enraizadas na cidadanía, cun importante patrimonio e cunha tradiciónreivindicativa que non se pode nen se debe botar pola borda nunhasemana.O Concello de Fene puxo en marcha dende as primeiras elecciónsdemocráticas un sistemaparticipativo e asambleario, dandolle voz ás entidades en todos osproblemas relevantes para a vida local. Puxéronse en marcha en diferentesépocas o Consello municipal de Saude,Consello municipal da Muller, Consello municipal de Educación,e o Consello Asesor da radio municipal. Dentro desa filosofia global,o Concello de Fene convocou dende comezos da década dos 80 ássociedades para expoñerlle o borrador de orzamentos e recoller nodocumento final ás súas propostas e suxerencias.A pesar de que as sociedades se atopen nunha certa crise, ouprecisamente por iso,coidamos que a institución local debe arbitrar medidas para oafortalamento do movemento asociativo. Dotar ás sociedades de recursose de capacidade de decisión en temas cruciais da localidade son liñasde actuación que se mantiveron no pasado, pero nas que se debe deafondar para facer realidade os PRESUPOSTOS PARTICIPATIVOS.
Por todo iso, propónse a adopción por parte da Corporación de Fene dos seguintes acordos:
1. Instar á Alcaldía e ao goberno a entregar aos grupos políticos e ásentidades cidadáns o borrador dos ORZAMENTOS DO 2009, acompañado dedatos como a Oferta Pública de Emprego, índice de endebedamento,débeda viva e xustificación política do documento orzamentario, antes do 30 de outubro do 2008.
2. Invítase ás entidades cidadáns de todas as parróquias a convocarasambleas veciñais no seu ámbito de actuación entre o 1 e o 25 denovembro do 2008 para debater os orzamentos municipais e recabar asconseguintes propostas.
3. Os grupos políticos reuniránse entre o 25 e o 30 de novembro do2008 coas directivas das entidades cidadáns para escoitar as propostassaidas das asambleas e negociar a súa inclusión nos orzamentos.
4. O Pleno da Corporación reuniráse o 30 de novembro do 2008 paradebater, e aprobar, se procede o orzamento municipal do 2009.

5.6.08

Maribel Serantes, nova responsable do BNG de Fene


A veciña de San Valentín e mestra no Colexio Os Casais de Maniños Maria Isabel Serantes, resultou elexida responsable local do BNG de Fene en asamblea celebrada por esta organización política. Maribel Serantes encabeza un Consello local formado tamén por Nicolás Garcia López, Digna Faraldo Purriños, Xosé Antón Pico Freire, Maria Rodriguez Rodriguez, Andrés González Vizoso, Loreto de Castro Garcia e Manuel Polo Gundín. Tanto a responsábel como o Consello foron elexidos por unanimidade. Os principais retos do novo organismo pasan pola comunicación coa sociedade das actuacións que o BNG acomete na súa participación nos gobernos do Concello de Fene, Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Asimesmo o Consello pretende convertirse en canle para trasladar as preocupacións e iniciativas de cidadáns e entidades aos representantes do Bloque no Parlamento Galego e Central, e en calquera outra institución. De xeito inmediato, o BNG de Fene preparará a campaña do 25 de xullo, extendendo entre a cidadanía as súas propostas de conmemoración do Dia da Patria Galega.

Etiquetas: , , ,

31.3.08

A Concellaría de Benestar e Igualdade construirá a segunda Galescola e un Centro de Día


A reunión celebrouse en Santiago o Pasado día 26 co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Lois Castrillo e a Primeira Tenente de Alcalde e presidenta da Concellaría de Benestar e Igualdade a Nacionalista Rita Couto (BNG).

A segunda GALESCOLA de Fene, construirase en Barallobre nos terreos da antiga escola unitaria do Carril, o proxecto comezouse no anterior mandato, e agora se está en tramites da cesión dos terreos para comezar a súa construcción.

Será o segundo Centro educativo da Rede Galega de Escolas Infantís (GALESCOLAS), a primeira xa en funcionamento en Perlío e conta con 59 prazas ocupadas por nenos e nenas de entre 0-3 anos. Coa construcción de esta nova GALESCOLA preténdese cubrir o servizo na zona rural.

Como novidade, nesta reunión, xestionouse a construcción dun Centro de Dia para maiores no Concello. Será o primeiro Centro de día que se constrúe na comarca, dos catro existentes na Provincia.

Os Centros de Dia son centros xerontolóxicos socio-terapeúticos e de apoio ás familias que durante o día prestan atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual. Estes centros pretenden dar sevizo a persoas que teñan 65 anos cumpridos ou excepcionalmente maiores de 60anos, que pola súa situación especial de dependencia física, psíquica ou social, ou en risco e padecela, precisen de este recurso.

O Proxecto promovido dende a Concellaría de Benestar e Igualdade do Concello Fenés a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e será xestionado polo Consorcio Galego para o Benestar e Igualdade.

Dende a Concellaría estúdase agora a súa ubicación para por en marcha este proxecto no menor tempo posible.

26.3.08

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS


Dende a Concellaría de Servizos e Mantemento dirixida pola nacionalista Inés Roca e a Concellaría de Benestar e Igualdade dirixida pola nacionalista Rita Couto, vense de por en marcha un programa para a eliminación de barreiras arquitectónicas en instalacións municipais , Sociedades Culturais, beirarúas e rúas na medida das posibilidades urbanísticas.

A Primeira actuación levouse a cabo na Escola Unitaria de Curros Enriquez, un edificio que data do 1916 construído por iniciativa da Sociedade “Naturales de Fene” formada por emigrantes da Habana, e aínda en uso por distintas asociacións do Concello.

A actuación consistiu na construcción dunha rampa lateral con varanda no acceso principal do Colexio, obra que realizouse dende a Concellaría de Servizos e Mantemento. Outra actuación levouse a cabo na Sociedade O Pote de Maniños coa dotación de outra rampa.

Tamén fixéronse obras en beirarúas da avenida das Pias.

Destacar que atenderanse a demandas de veciños e veciñas para a eliminación de barreiras arquitectónicas.

Estas son as primeiras actuacións que se realizaron dende as dúas concellarías, os traballos continuaran completando así a accesibilidade das instalacións pertencentes ao Concello de Fene.

A próxima actuación levarase a cabo no Cemiterio Municipal do Concello.

24.3.08

A Concellaría de Cultura Traballa nas bases do Concurso de Ideas para a construcción do Centro SocioCultural


As instalacións construiranse nas inmediacións da Piscina Municipal.

A Concellaría de Cultura e Ensino dirixida polo nacionalista Edgar Vigo (BNG) traballa no prego de bases que rexerá o concurso de ideas para a construcción do Centro SocioCultural do Concello de Fene.

O prego de Clausulas Administrativas ten por obxeto establecer as condicións xurídicas que rexerán no concurso público de ideas co fin de seleccionar un Anteproxecto que sirva de base ao correspondente Proxecto Técnico –Básico e de Execución- para a construcción de dito centro.

O novo edificio acollerá as Oficinas centrais do Departamento de Cultura, Biblioteca Municipal, Sala de Exposicións, Aulas de reunións/cursos actividades, Aula multimedia e Espazo escénico.

O anteproxecto deberá abordar a proposta de integración integral do conxunto que conforma a Piscina Municipal e o novo Centro SocioCultural, acondicionando e urbanizando a totalidade do espazo dispoñible e resolvendo os aspectos de circulación viaria e acceso, de acordo coas determinacións do planeamento vixente.

A Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza, concretamente a dirección xeral de difusión cultural, mantén o compromiso orzamentario comprometido coa corporación anterior.

17.2.08

Fene, centro comarcal dos Voluntarios dos Montes


Fene volverá ser centro comarcal do Voluntariado en Defensa do Monte Galego. A iniciativa activaráse de novo no vindeiro mes de marzo segundo lle confirmou o Director Xeral de Xuventude e Solidaridade Rubén Cela á presidenta da Area de Dinamización Social do Concello de Fene, a nacionalista Rita Couto. O Voluntariado utilizará o local de Protección Civil habilitado no lugar de Vilanova en Fene e a edil do BNG lle trasladou ao representante da Xunta a súa disposición para acoller algunha iniciativa de formación dirixida aos voluntarios e voluntarias.

Dende Fene a Cariño
Os voluntarios con base en Fene atenderon o pasado verán aos Concellos da costa entre Fene e Cariño. Reuniron a 96 persoas, constituindo a base con maior participación de todas as establecidas en Galicia. Reunianse todos os sábados e domingos ás 10 da mañá para iniciar o percorrido polo monte, realizando labores de vixiancia ata as 20 horas. Colocábanse en puntos de boa visibilidade para detectar posibeis focos de lume, e dar o oportuno aviso aos servizos de extinción.
O Voluntariado en Defensa do Monte Galego foi unha iniciativa posta en marcha pola Vicepresidencia da Xunta a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Ao longo dos meses do verán do 2007, os participantes nos distintos dispositivos tiveron a oportunidade de coñecer o país, de apreciar a súa riqueza e de asumir a necesidade de preservar o noso medio natural de calquera ameaza. Realizaron un traballo de vixiancia e prevención dos lumes nos montes, logrando coa súa presencia disuadir e dificultar a acción de posibeis incendiarios. Cando detectaban un lume, daban o aviso ao persoal especializado na extinción de incendios.

27.1.08

3000, 4000 ou 6000 persoas pola porta das Pias


"Que en lugar de 300 volvan entrar pola porta das Pias da antiga Astano, a diario, 3000, ou 4000 ou 6000 persoas". Ese é o desexo que formula o BNG de Fene no seu boletín informativo. O Bloque editou 8.000 exemplares que está a repartir en todos os domicilios de Fene.Os nacionalistas reiteran que "poñerán como condición indispensable para apoiar a calquera goberno, o levantamento dos vetos para que Navantia Fene poda acceder á construcción naval civil".O BNG afirma que é rotundamente falso que a adicación de Navantia á construcción naval militar, impida que o estaleiro de Fene poida producir con plena capacidade e volva servir de "locomotora" para a economía da comarca. Segundo o Bloque, "Ferrolterra viviu grande parte do século pasado á sombra do sector naval, e quedou orfa industrialmente, porque non se defendeu con Z de Galiza, porque o noso país non está suficientemente representado nos órganos políticos estatais.
Obras en marcha
O boletín do BNG presenta unha ampla reportaxe fotográfica de obras en marcha, iniciadas todas elas na pasada lexislatura. Incluense tamén imaxes dos 5 concelleiros do Bloque na Corporación de Fene, detallando as responsabilidades asumidas por cada un deles no goberno municipal.

20.1.08

O muro da vergoña en Perlío



Os 59 nenos e nenas da Galescola de Perlío en Fene ven a saida do seu centro practicamente "tapiada" por un muro duns tres metros de alto e situado apenas a uns catro metros de distancia. O muro fecha unha parcela propiedade de Navantia, pero totalmente inservible para o estaleiro na actualidade.O Consello local do Bloque Nacionalista Galego urxe da dirección deNavantia a cesión da parcela ao Concello de Fene, para evitar o"castigo visual" ao que se somete aos pequenos e pequenas. O municipio ten xa solicitado en numerosas ocasións o cambio de titularidade dos terreos e o derribo do muro, pero, ata o momento a dirección de Navantia e da SEPI fixeron caso omiso. O anterior goberno municipal iniciou contactos coa dirección daquela de Izar e a negociación marchaba por bó camiño, pero o BNG sinala agora que coa entrada en funcionamento da galescola, preséntase como máis urxente o derribo do muro. A parcela en cuestión ten uns 300 metros cadrados e forma triangular,separando o edificio da Galescola da Rúa da Torre.
A Galescola de Fene abriu as súas portas o pasado 15 de outubro, e conta con 59 prazas ocupadas (34 nenas e 25 nenos) repartidas en catro unidades, unha de 0 a 1 anos, outra de 1 a 2 e dúas de 2 a 3 anos. No centro, que ten horario de 7,30 da mañá a 21,30 horas, traballan 14 profesionais. A Vicepresidencia investiu na construción e equipamento da Galescola de Fene 318.000 euros. Anxo Quintana sinalou nunha visita á Galescola o pasado 24 de outubro que o mantemento anual do centro ascenderá a uns 329.400 euros, dos que o consorcio financiará o 40%. Neste senso, o vicepresidente salientou que este sistema de coxestión das Galescolas, a través do Consorcio, é un "modelo de cooperación institucional aberto pola Vicepresidencia para facilitar aos concellos a xestión destes centros".

20.12.07

Os portos de Maniños, Barallobre e Perlío


O Consello local do Bloque Nacionalista Galego reclama unha maior axilidade nas intervencións previstas para remodelar as instalacións portuarias en Barallobre e Maniños. O BNG lembra que Portos de Galicia xa consignou nos orzamentos do 2007 a cantidade de 86.206,90 € para esta intervención. Esa partida respondia ao compromiso de VicenteIrisarri co anterior goberno municipal do Concello de Fene e máis coa confraria de pescadores. O BNG pregunta agora se esa cantidade se investiu na redacción do proxecto, tarefa xa iniciada a comezos deste exercicio. En caso contrario os nacionalistas reclaman a consignación nos orzamentos do 2008 do total comprometido con anterioridade, e non o seu aprazamento para o 2009 o que conlevaría un novo retraso na obra.
De feito, Portos de Galicia publicou un anuncio de publicidade pagada na prensa en marzo do 2006 anunciando esta actuación cun orzamento total de 360.000 €. O Bloque defende realizar na ribeira de Maniños e Barallobre unha actuación que incluia o derribo da antiga nave de Fondomar, o axardinamento da zona e a preparación dun espazo onde a Consellería de Pesca poida construir un edificio de servizos portuarios. A iniciativa tamén incluirá a instalación de pantaláns que poderían combinar oatraque de embarcacións pesqueiras e deportivas.
Con anterioridade, o 23 de marzo do 2005 o daquela conselleiro de Pesca Henrique López Veiga asinou un convenio coa confraria de pescadores de Barallobre. Nese protocolo recollíase un investimento de 900.000 € para os anos 2006 e 2007. Dentro das actuacións previstas incluíase a construcción do edificio de usos múltiples, un guindastre para o izado de embarcacións e o acondicionamento e prolongación con pantaláns das duas rampas existentes na zona.Despois de múltiples retrasos e promesas incumpridas, comprendemos un certo desleixo nos mariscadores e mariscadoras da zona, diante dos novos aprazamentos no investimento anunciados polo presidente de Portos de Galicia Jacinto Parga.
O BNG tamén reclama a instalación de pantaláns no porto de Perlio, necesidade reivindicada por parte dos usuarios do embarcadeiro. Esta demanda xa fora trasladada polo goberno municipal anterior aos presidentes de Portos de Galicia e da Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao.
Nos orzamentos do 2007 de Portos de Galicia recollíanse as seguintes partidas:
Ano 2007: 86.206, 90 €.
Previsión ano 2008: 258.620,69 €
En total suman 344.827,59 €.
Nos orzamentos do 2008 deste mesmo organismo, aparece o seguinte:
Ano 2008: 172.413,79 €
Previsión ano 2009: 172.413,79
En total suman 344.827,59 €.
Fene, a 20 de decembro do 2007

19.11.07

Limpando fontes e lavadeiros nos 12 rios de Fene




Un total de 40 lavadeiros e 35 fontes figuran no inventario municipal do Concello de Fene. Esas construccións comezaron a repararse, limparse e adecentarse esta mañá, segundo comunica a concelleira de Servizos, a nacionalista Inés Roca. Unha parella de traballadores municipais empreganse na limpeza, pintado e mantemento de fontes e lavadeiros. O Concello de Fene xa ten acometido estes labores noutras ocasións, pero na actualidade algún lavadeiro presenta un mal estado evidente.

Lavadeiros e fontes por parróquias:


Fene: 3 lavadeiros e 3 fontes.
Perlío: 5 lavadeiros e 5 fontes.
Maniños: 9 lavadeiros e 5 fontes.
Barallobre: 11 lavadeiros e 9 fontes.
Magalofes: 5 lavadeiros e 5 fontes.
Limodre: 2 lavadeiros e 3 fontes.
Sillobre: 10 lavadeiros e 4 fontes.
San Valentin: 1 fonte.



Rios:
12 rios e regatos atravesan os 27 quilómetros cadrados do término municipal de Fene. Son en concreto o Xarrón, do Porto e Belelle en Sillobre, Magalofes na parróquia do mesmo nome, Cádavo en Fene, Cádavo e Magalofes en Perlío, Bispo e Abeleira en Barallobre, As Arangas e o rio Ba en Maniños e os Rios do Picho, Castro e Sandeo en Limodre. O rio do Picho nace en Limodre ainda que logo discurre por Maniños. Tamén nesta parróquia desemboca o rio do Bispo, adquirindo na desembocadura a denominación de río da ribeira.
Eses canles fluviais representaron unha notable riqueza para o municipio. Neles funcionaron máis de 60 muiños a un tempo (segundo se reflexa no Catastro de Ensenada de 1752) e grazas a eles, boa parte da roupa de Ferrol se lavaba en Fene, especialmente na parróquia de Sillobre, onde residian e traballaban numerosas lavandeiras.

As lavandeiras
Segundo indica Maria Rivera no seu libro “Sillobre ven de antigo” (Concello de Fene.2000) “nos comezos do século XX a lavandeira facía as viaxes a Ferrol o domingo, levando un “cesto da roupa” e percorría as casas para as que lavaba, recollendo a “roupa lixada” (que era sobre todo, roupa de cama, almofadas, colchas,...) e logo co cesto na cabeza, regresaba a casa. O dia de lavar a roupa era o luns. A primeiras horas da madrugada (á unha ou duas da mañá) as mulleres erguíanse para lavar as pezas. Axudadas cun candil, alumeaban o lavadeiro e lavaban a roupa con xabrón,, fregábana, batíana, torcíana e dábanlle contra as laxes; despois poñíana a “clareo”, tendéndoa ao sol nun campo e regandoa con auga durante ese dia. A roupa pasaba alí a noite e o martes recollíanse as pezas para facer a “bogada”, que consistía en meter a roupa nunha tina, poñéndolle por riba un mandil ou sabenla vella; nun pote poñían a ferver auga con cinza e xabrón e cando fervía un pouco, botábaselle por riba: feito isto a roupa pasábana de novo por auga limpa, xabrón e por un novo clareo. Máis tarde tendíana para secala no “enxugadoiro” formado por toxos. Unha vez seca, a lavandeira recollía e dobraba a roupa e normalmente a entregaba os mércores.


Quédate con Dios Betanzos
Coas tuas betanceiras
Eu voume para Sillobre
Xunto ás miñas lavandeiras.

Lavandeira de Sillobre,
Ai garrida lavandeira
Teño dir a San Ramón
Lavaima a miña monteira.

15.11.07

Fene apoiará o sector productivo no sector primario

A concellería de Promoción Económica de Fene que dirixe o nacionalista Manuel Polo apoiará proxectos productivos no sector primario, dacordo coas novas directrices da Consellería de Medio Rural que é a que distribúe os fondos dos Programas da Unión Europea (Leader) que pretende primar esas liñas de actuación. Con ese obxectivo, o edil do BNG mantivo sendas reunións coa xunta directiva da cooperativa do mel A Queiroga e máis coa xunta xestora dos comuneiros do monte Marraxón. Nesta zona da parroquia de Sillobre barállase a posibilidade de planificar unha explotación forestal nas 22 hectáreas de terreo dispoñibles. En relación coa Queiroga, as accións poderíanse enfocar na ampliación do mercado do mel e máis no desenvolvemento de outros productos derivados da actividade apícola, tais como o propóleo,o pole, a cera, etcétera. Segundo manifestou Manuel Polo, "nos vindeiros meses haberá que redactar e precisar eses proxectos para logo solicitar as correspondentes axudas". Os cambios nas directrices poderán incluso conlevarmodificacións na estructura da asociación Costa Artabra, coa incorporación de máis entidades relacionadas co sector primario, que ata o momento xestionaba en Ferrolterra ese tipo de programas.

31.10.07

"Daqueles pós e destas augas, veñen estas lameiras"


O Bloque Nacionalista Galego de Fene convida ao Partido Popular e a Esquerda Unida a apoiar as modificacións propostas nas ordenanzas fiscais de cara ao ano 2008. Os cambios foron a un Pleno celebrado o pasado martes. Aprobáronse os cambios cos votos do BNG, PSOE e EU, e coa oposición do PP. Por regla xeral, as taxas sofren unha subida equivalente ao incremento do Indice de Prezos ao Consumo, modifícanse os módulos do ICIO (Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras) e se aplica un alza do 7% no imposto sobre a auga. O BNG indica que as forzas políticas responsabeis deben manter unha liña coherente de actuación, estén na alcaldía, en goberno de coalición ou na oposición. Lembran os nacionalistas que a taxa da auga permaneceu durante os últimos tres anos invariable, pola actitude “dos grupos da oposición que se negaban a aplicar ningún tipo de incremento”. “Aquellos polvos traen estos lodos” ou “daqueles pós e destas augas, veñen estas lameiras” xa que ao permanecer conxelado o imposto, as arcas municipais perdian cando menos uns recursos equivalentes á suba do IPC (no 2004, o 3,2%, no 2005 o 3,8 % e no 2006 o 2,9%) O Bloque lembra ademais que en anos anteriores xustificábase a suba de cada unha das taxas, cun completo estudo informativo no que se avaliaba o custe do servizo, as necesidades de mellora e os investimentos previstos. Os estudos e as propostas de incremento estudábanse minuciosamente en 7 ou 8 reunións da Comisión Informativa previas á celebración do Pleno. Expoñíanse esas cuestións aos grupos políticos presentes na Corporación e ao movemento asociativo, como representantes da sociedade civil. O BNG comprométese a impulsar e a defender na medida que lle compete, que en próximos anos se prepare a documentación das ordenanzas coa suficiente antelación, acompañando as propostas de modificación de estudos informativos completos.

25.10.07

O autobus do cemiterio municipal ponse en marcha



A concellería de Servizos de Fene que dirixe a nacionalista Inés Roca comunica a posta en marcha do autobús especial ao cemiterio municipal por mor da próxima data do Dia de Todos os Santos e Defuntos. O omnibus xa sairá este sábado dia 27 ás catro da tarde e co percorrido habitual.
O autobús ao Campo da Arca tamén circulará o mércores dia 31 e o xoves dia 1, saindo os dous dias ás dez da mañá e as catro da tarde. De novo realizará o seu percorrido o venres dia 2. Ademais do servizo de transporte, nestes dias procédese á limpeza do cemiterio, desbroce das zonas colindantes coa aparcamento e revisión do alumeado. O autobús ao cemiterio municipal sae de Chamoso, indo polo Rego da Moa, Magalofes, Lubián, Sillobre, San Valentin, Perlío e Barallobre. A cada usuario cóbraselle unha tarifa de dous euros e oito céntimos.

Fene, a 25 de outubro do 2007

5.10.07

Urxen unha solución no Rego da Moa


O Bloque Nacionalista Galego de Fene urxe a execución do novo entronque da encrucillada do Rego da Moa en Barallobre. A actual intersección da N-651 e da CP 3503 é un "punto crítico" de tráfico pola complexidade dos cruces posibeis e a elevada velocidade que alcanzan os vehículos na zona ao entrar ou sair da Autopista do Atlántico.
A solución aceptada pola Deputación xa no ano 2006 pasa pola construcción de 1 novo vial que enlazará a estrada de Barallobre (fronte ao colexio dos Exágonos) cunha via morta do parque empresarial de Vilar do Colo. Tamén se unirá de xeito paralelo á N-651 o vial a Fonfria coa estrada de Magalofes. Dese xeito eliminaríanse os cruces perigosos de vehiculos no Rego da Moa.
O Concello de Fene xa presentou esta alternativa á Deputación no ano 2006. Os técnicos municipais elaboraron unha memoria que foi aprobada na Comisión de Urbanismo. Posteriormente xestionouse a iniciativa co vicepresidente da Deputación Xaime Bello e co responsable de Vias e Obras Francisco Candela. Ambolos dous deron a súa conformidade, concretandose a disposición do organismo provincial a financiar a obra, comprometendose o Concello a expropiar os terreos para a execución dos viais.


Fene, a venres 5 de outubro do 2007.


15.9.07

Os usos da Casa da Maleta de Barallobre


Un centro de interpretación da arquitectura indiana ou un Museo da Emigración, poderían constituir algunhas das utilidades da "Casa da Maleta" de Barallobre, segundo asegura o Bloque Nacionalista Galego de Fene nun comunicado. A formación nacionalista pregunta ao Partido Popular "cales son os motivos agora para a urxencia da súa iniciativa de adquirir un edificio que leva en venda dende o 2004, cando naquela ocasión os populares opuxéronse a iniciar os trámites de compra, e agora entroulles unha presa insólita tanto na Deputación como no Concello de Fene". Para o BNG, "unha vez que o Pleno do Concello de Fene facultou ao alcalde para desenvolver os trámites, é preciso retomar o traballo iniciado pola anterior Corporación". Os nacionalistas xa se dirixiron á Consellería de Cultura e á Consellería de Vivenda da Xunta que inicialmente ven con bós ollos a proposta. Igualmente persoas do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega visitaron a edificación de Barallobre, e loubaron a súa singularidade. O Bloque propón de xeito paralelo ao inicio das xestións para estudar a adquisición do inmoble, encargar un proxecto de usos e unhas perspectivas de financiamento da instalación a medio prazo.
Edificio singular
António Fernández Fernández, coñecido como o "Adriano" construiu o edificio da "Casa da Maleta" en 1921. "El trabajo es mi Dios y el mundo mi tumba" era un dos seus lemas, gravados en pracas de mármore no interior da vivenda. A edificación responde a un orixinal deseño realizado integramente polo propio promotor. Un home na cúpula sostén un facho de luz, e unha maleta. Mira ao horizonte, como símbolo e homenaxe ao emigrante que se ve forzado a abandonar a súa patria. O orixinal deseño da vivenda, a cúpula nervada e a estatua que a coroa, xeneraron dende a súa construcción expectación e curiosidade. Na década dos anos 20 a revista "Blanco y Negro" editada en Madrid adicoulle unha reportaxe dunha plana a este chalé ubicado no Camiño da Vrea (Barallobre- Fene - A Coruña).

14.9.07

A Xunta prometeu as beirarruas de Conces no 2007




O ex-delegado provincial da Consellería de Política Territorial Jacinto Parga comprometérase no seu dia co anterior goberno municipal de Fene a iniciar a construcción de beirarruas na AC 122 entre Fene e Neda neste ano 2007. O Bloque Nacionalista Galego de Fene reclama agora o cumprimento dese compromiso "cada vez máis urxente dada a elevada cantidade de vehiculos e as altas velocidades ás que circulan por este vial". A recente repavimentación da estrada e a conseguinte mellora do firme pode provocar un incremento das velocidades medias, co conseguinte aumento da perigosidade para os numerosos peóns que circulan pola zona, segundo os nacionalistas. O BNG lembra a existencia de edificacións colectivas, "como as vivendas sociais de Conces e as casas de Pedro Pena" para xustificar a necesidade das aceiras, ao tempo que pide sinalización vertical e horizontal de limitación da velocidade "que lembre aos automobilistas o carácter de travesia urbana da via". Para o Bloque, a estrada entre Fene e Neda ven rexistrando un aumento paulatino do tráfico, especialmente visible dende a apertura da Autopista entre Fene e Ferrol o 15 de decembro do 2003, e a entrada en funcionamento do enlace de Neda.

8.9.07

Reclaman beirarruas en Chamoso, Rego da Moa e Santa Ana


A construcción de beirarruas, de aceiras, na Nacional 651 ao seu paso por Chamoso é a demanda que formula o Bloque Nacionalista Galego de Fene a través dun comunicado. O BNG reclama a conversión nun "boulevard" deste tramo de via entre a gasolineira de Fene e a curva de Santa Ana. Os nacionalistas aseguran que esa actuación convírtese nunha necesidade urxente para a protección dos peóns, dada a elevada velocidade dos vehículos que atravesan a zona. Tamén urxe a urbanización da zona do Rego da Moa, "diante da inminente entrada en servizo do vial que comunica Fonfria con Vilar do Colo, e o conseguinte incremento de paso de vehículos por este punto".
O Bloque lembra que o xefe do Servizo de Planeamento, Proxectos e Obras da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento Eduardo Toba se comprometera co goberno local anterior "a realizar as beirarruas, de xeito simultáneo á repavimentación do vial". Como queira que nestes dias se procede a botarlle unha capa de "slurry" a este tramo de estrada, a formación nacionalista reclama o cumprimento do compromiso completo e a realización desa actuación. O Bloque demanda asimesmo sinalización vertical e horizontal de reducción de velocidade na "curva de Santa Ana", lugar onde se teñen producido innumerabeis accidentes.

1.9.07

Anxela Bugallo intervén o martes na homenaxe a Pancho Allegue


A Conselleira de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia Anxela Bugallo intervirá en Fene no acto de lembranza a Pancho Allegue, concelleiro do BNG falecido o 4 de setembro do 2005. O recordo ao edil nacionalista terá lugar o vindeiro martes ás 6 da tarde no Parque Castelao, diante da placa que as sociedades de Fene adicaron o pasado ano a Allegue.
Nese acto organizado polo Bloque Nacionalista Galego, daráse a coñecer a iniciativa cidadán de formar unha entidade co nome de Pancho Allegue. A asociación instituirá anualmente un Premio co nome do concelleiro de Fene, que se otorgará a persoas, colectivos ou institucións que destaquen no eido do municipalismo e do sindicalismo. Entre os promotores da asociación “Pancho Allegue” se encontra o ex-concelleiro de Fene Andrés González Vizoso.
Pancho formou parte da Corporación de Fene durante 18 anos, e no momento da súa morte ocupaba o posto de primeiro tenente de alcalde. Con anterioridade participara de xeito activo na loita contra a reconversión naval nos anos 80, sendo referente do sindicalismo nacionalista no seo do comité de empresa de Astano. Ademais presidiu a Asociación de Viciños de Fene entre 1984 e 1987. A súa morte repentina aos 46 anos de idade, debido a un infarto de miocardio, causou unha fonda impresión no Concello de Fene e no conxunto de Ferrolterra. O seu multitudinario sepelio no cemiterio veciñal de Sillobre convertiuse nunha manifestación xeneralizada do agradecemento da povoación ao labor de compromiso de Francisco Allegue. O ano pasado, no seu cabodano, igualmente os cidadáns encheron a Praza do Concello de Fene nun acto institucional no que se presentou o libro “Pancho Allegue. Historia dun compromiso” de Maria Xesús Arias, Henrique Sanfiz e Manuel Mera. O vicepresidente da Xunta Anxo Quintana interveu nese acto loubando a xenerosidade e a entrega á causa nacionalista do edil falecido.




Fene, a 1 de setembro do 2007.

17.5.07

Empresas de base tecnolóxica para Vilar do Colo


A instalación dun viveiro de empresas de base tecnolóxica en Vilar do Colo, foi unha das propostas que presentou o candidato a alcaldia do BNG de Fene Xose María Rivera no acto celebrado na Sociedade Agarimo de Sillobre. A instalación de firmas relacionadas co sector naval é outra das posibilidades baralladas na actualidade, sempre no camiño da especialización que aproveite sinerxias e xenere emprego, segundo a formación nacionalista. Rivera Arnoso insistiu na urxencia de acometer a terceira fase do parque empresarial, unha vez agotado o chan dispoñible na primeira e segunda fase da instalación. "Se a SEPES continua coas súas reticencias para ampliar Vilar do Colo, recurriremos a XESTUR para que execute esa actuación tan necesaria" manifestou o actual alcalde e candidato nacionalista. O Bloque tamén propuxo aplicar a normativa da Sociedade Estatal, e anular o contrato asinado con aquelas empresas que adquiriron parcelas, e, sen causa xustificada, seguen coas súas propiedades abandonadas.
O BNG está a repartir a domicilio papeletas de votación e programas dende o comezo da campaña electoral. Antes do domingo 27, os candidatos nacionalistas visitarán todas as vivendas de Fene, solicitando o apoio da cidadanía e demandando tamén propostas e suxerencias para a actuación municipal. Dentro a campaña de actos na totalidade das parróquias, o Bloque acude mañán venres a Magalofes. No local social falarán ás oito da tarde, Olegario Otero, Inés Roca, Manolo Pico e Xose María Rivera.

Fene, a 17 de maio do 2007.

5.5.07

Francisco Jorquera: "Pancho Allegue foi un exemplo de traballo"


"Francisco Allegue foi un exemplo de traballo e honestidade, unha mostra da entrega cara á sociedade, que os concelleiros do BNG amosan e deben continuar amosando no seu labor diario". Afirmouno así o senador nacionalista Francisco Jorquera no acto de presentación da candidatura do Bloque de Fene, celebrado nun establecemento de hostelería do parque empresarial de Vilar do Colo.
A lembranza ao tenente de alcalde falecido en setembro do 2005 xenerou os prolongados aplausos dos asistentes que abarrotaban o local. Jorquera tamén arrincou as palmas do público cando se referiu a Navantia Fene, indicando que “se as competencias do sector naval correspondesen a Galicia, tede por seguro que as gradas do estaleiro non estarían valeiras”. O senador reiterou o compromiso do BNG para conseguir a reactivación da antiga Astano. Referiuse asimesmo a Fene, como un Concello de referencia en Ferrolterra e en Galicia "en materia de equipamentos deportivos, comunitarios e de oferta cultural".
O actual alcalde e candidato á reelección Xose María Rivera avanzou algunhas liñas do programa electoral, indicando que a candidatura do BNG conxuga equilibrio entre continuidade e renovación.

15.4.07

Quintana reitera en Fene o seu compromiso co naval



"Nova xente, novas ideas, novos proxectos e a garantía de Pepe". Dese xeito resumiu o dirixente do BNG Anxo Quintana a proposta que a formación nacionalista presenta aos cidadáns de Fene diante das eleccións municipais do 27 de maio. O vicepresidente da Xunta definiu a Xose Maria Rivera como un "mestre de alcaldes" loubando o seu traballo a fronte da alcaldia dende 1979. Reiterou o compromiso do Bloque para buscar alternativas de emprego e actividade para Navantia Fene.
Pola súa banda Rivera Arnoso debullou algunhas das propostas que o BNG incluirá no seu programa electoral ás eleccións locais. Defendeu unha política urbanística concebida ao servizo da sociedade, adiantou a necesidade de máis vivenda protexida, lembrou a inminente apertura dunha galescola en Perlío e incidiu na construcción e posta en funcionamento dun Centro Socio-cultural. Como remate ao acto, Xose María Rivera deu lectura á candidatura do BNG de Fene ás eleccións municipais que é a seguinte:1. Xose Maria Rivera Arnoso2. Rita Couto Seijido.3. Edgar Vigo López.4. Inés Roca Requeijo.5. Manuel Pico Sanmartín.6. Manuel Polo Gundín.7. Hector Seco Castro.8. Pedro Seco Ferreira.9. Sara Allegue Rey.10. María Xosé Novo Corral.11. Nicolás Garcia López.12. Digna Faraldo Purriños.13. Maria Sánchez-Andrade Sánchez.14. Paula González.15. Dario Iglesias Feal.16. Verónica Tuñez.17. Andrés González Vizoso.
Suplentes1. Xose Antonio Rodriguez Padilla.2. Maria Xosé Fernández Seco.3. Olegario Otero Pereira.4. Victoria Ayala.

6.4.07

Morreu Moncho Bello

O histórico militante do BNG de Fene Ramón Bello Rey faleceu esta madrugada.

O seu sepelio terá lugar mañá domingo ás 11,30 da mañá no cemiterio parroquial de Limodre.

Adeus, Moncho. Grazas por ser quen mellor nos falou da vida.

Grazas pola túa fidelidade a Galiza.

Boa viaxe, compañeiro.

BNG en Rede

Avanzamos un chanzo máis no servizo de rede social do nacionalismo galego que encetamos hai agora tres meses.

Baixo o nome de BNG en Rede podedes atopar na barra lateral da páxina principal deste blogue un cadro que reúne as anotacións sindicadas escritas por máis de 100 blogues galegos vinculados dunha forma ou outra ao BNG.

Grazas a todas estas persoas e colectivos, a partir de xa pódese utilizar varios fluxos RSS para colocar estes contidos no teu blogue ou páxina, ou para te subscribir a eles a través dun agregador de noticias sindicadas.

A sindicación de contidos é unha posibilidade que acaba de pórse en funcionamento na nosa web nacional, mais que non atinxe, polo de agora, ás localidades e comarcas alí aloxadas. Se es responsábel dunha web do BNG recomendámosche que introduzas o cadro das noticias sindicadas do BNG en rede na túa páxina.

O noso consello é que os militantes, afiliados e simpatizantes que o desexen migren directamente cara unha plataforma de publicación que permita a sindicación de contidos e a interacción entre editores e usuarios, sendo os exemplos máis sinxelos e espallados os diversos xestores de blogues que existen ao longo e largo e rede.

Os blogues e a sindicación de contidos permítennos camiñarmos na dirección dunha verdadeira rede sociopolítica horizontal. Persoas falando con persoas. Conversando, dialogando, debatindo e criticando. Facendo uso da nosa liberdade de expresión e tirando proveito das novas tecnoloxías.

Desde aquí animámoste a empregar este servizo e a difundilo. Non deixes de avisarnos a través dos comentarios de calquera idea ou suxerencia que teñas.

Graciñas pola túa atención.

16.2.07

Reclamamos á SEPI a cesión dos terreos ociosos de Astano

O BNG de Fene súmase á reclamación realizada por unanimidade no Parlamento Galego, na que se lle solicita á SEPI a cesión dos terreos ociosos de Astano para a execución do denominado Plan Barreras. O Bloque adoptou esa resolución nunha asamblea de militantes celebrada na tarde noite de onte.

Os nacionalistas afirman que a volta á construcción naval civil é xa unha demanda unánime en Ferrolterra e en Galicia enteira. Indican que non se resignan a ver como nos paises máis desenvolvidos de Europa como Alemania e Dinamarca se reactivan os estaleiros, mentras “en Fene vémonos encorsetados por un hipotético acordo segredo entre a SEPI e a Unión Europea”.

Segundo o Bloque, “agora o Goberno do PSOE ten que poñer toda a carne no asador para facer viable a proposta presentada pola Conselleria de Innovación e Industria da Xunta de Galicia”. “Se non aceptan o Plan Barreras, o executivo de Zapatero, veráse obrigado a constituir un complexo integral da construcción naval, para que dende o sector público se atenda ao sector militar e civil nas dúas beiras da ria de Ferrol” manifestan os nacionalistas. O BNG tamén esixe o mantenemento das garantias laborais e sociais para os actuais traballadores de Navantia Fene, a través da súa integración opcional no plantel de Navantia Ferrol, e coa aplicación dun novo expediente de prexubilación.

23.1.07

Fernando Blanco presenta o proxecto de novo estaleiro para Fene

As xestións da Consellaría de Industria, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, xunto coa presión parlamentaria do BNG, desembocaron no proxecto que presentou o Conselleiro en compañía do Presidente de Barreras. O proxecto será financiado conxuntamente polo estaleiro vigués e as dúas caixas galegas. Terá carácter totalmente privado e por tanto non se vería afectado polos vetos negociados coa UE polo PSOE e ratificados polos gobernos ulteriores.

Barreras aspira a comprarlle á SEPI os terreos desaproveitados por Navantia e a ocupar aos traballadores inactivos, xerando 300 empregos directos e 2000 indirectos. Portos de Galicia considera a opción de retirarlle a concesión dos terreos a Navantia se incumpren os termos da cesión, isto é, a falta de actividade.

Minutos máis tarde do anuncio, a SEPI, sociedad estatal propietaria de Navantia, e principal escollo non político para a revitalización industrial da comarca de Ferrolterra, apresurouse a cualificar de sorprendente e irrealizable o proxecto, sen tempo para analizalo.

O alcalde de Fene e candidato á reelección declarou hoxe que non se entende como desde Madrid se poñen trabas unha e outra vez aos proxectos en positivo de desenvolvemento económico da Comarca. Este comportamento obstaculizador imita ao que a SEPI levou a cabo coa ampliación da terceira fase do Polígono de Vilar do Colo.

Os axentes económicos, por voz do presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, xa deron o seu visto bo a esta iniciativa de desenvolvemento industrial.

Sorprende o tratamento informativo que La Voz de Galicia lle dá a esta noticia. Na versión electrónica do caderno comarcal non aparece ningunha nova relacionado con isto, e nas páxinas galegas destaca como titular a reacción negativa da SEPI antes que a noticia do proxecto.

A noticia podese ler aquí , aquí e máis aquí.

A sucesión dos acontecementos en tres pasos: 1, 2 e 3.