25.10.11

O CANDIDATO AO SENADO XAIME BELLO FALA DOS RECURTES NO ENSINO

O BNG organiza o mércores 26 de outubro unha charla sobre a precarización do Ensino Público que está a ser a unha das políticas máis agresivas que o Partido Popular está levando adiante alí en onde goberna, sen dúbida unha mostra clara do que serán as súas políticas de acadaren o goberno do estado o vindeiro 20 de novembro.

Para falar deste tema contaremos con Xaime Bello Costa, cabeza de lista ao Senado polo BNG para as vindeiras eleccións Xerais de novembro e con Xosé Lois Rivera Jácome, responsábel comarcal da Federación de Ensino da CIG. Trátase dun acto aberto a todas aquelas persoas que queiran participar e participar no coloquio que terá lugar ao remate do acto.

O acto terá lugar no Salón de Actos da sociedade O Pote de Maniños e empezará ás 19.00h.

18.10.11

O DEPUTADO DO BNG FERNANDO BRANCO REÚNESE COAS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS QUE DEMANDAN A TRAÍDA DE AUGA

Os concelleiros nacionalistas, Manuel Polo e Juventino Trigo xunto co parlamentario Fernando Branco, reuniranse mañá martes na sede do BNG de Fene coas AAVV de Santo Marco, Sillobre e Magalofes e a Mancomunidade de montes de Marraxón para tratar a situación da traída da auga e o saneamento a toda a zona alta do concello.

Os nacionalistas proporemos unha actuación coordenada en todos os frentes para rematar con estas obras.

Para o BNG vai sendo hora de concretar finanzamento e prazos de actuación para acometer estas obras.

Dende o Concello proporemos o reinicio dos traballos da mesa de participación veciñal que funcionou no mandato anterior e na se chegara ao acordo de incluir unha partida de 45.000€ cada ano e que o PP incumpreu no seu primeiro orzamento. Ademais pediremos explicacións sobre a situación administrativa dos terreos que xa levan varios anos cedidos por parte dun particular para a instalación dos depósitos de auga.

Dende o Parlamento de Galiza demandaremos a sinatura dun convenio antes do remate do ano, para dar inicio ás obras no primeiro trimestre de 2012.

Neste sentido Branco Parga explicará cal ten sido a actuación da Xunta de Feijoo noutros concellos en materia de auga e saneamento.

11.10.11

O nacionalista Branco Parga pregunta polos recurtes de actividades no Centro de maiores de Fene

Logo da asistencia ao Pleno do Concello de Fene dun importante número de persoas usuarias do Centro Sociocomunitario de Fene para trasladar ao alcalde e á corporación a situación de recurtes en actividades no mesmo, dende o Grupo municipal do BNG tomanos nota da problemática e trasladámoslle as demandas do colectivo ao deputado nacionalista, no Parlameto Galego, Fernando Branco Parga.
Concretamente o deputado do BNG preguntou polo orzamento do Centro, en que actividades se gasta, e porque se deixa de colaborar coa Coral Eterna Xuventude. Ademais dos recurtes nas actividades como os talleres de memoria, ximnasia, baile manualidades e a propia Coral, o Centro deixou de contar non úntimos anos de cociña, peluquería e telefono. Na actualidade o centro sociocomunitario xa non cumpre coa función para a que foi creado nin cumpre as expectativas dos propios usuarios.
Os recurtes nestas actividades e instalacións amosan que o Presidente do Goberno Galego minte novamente, xa que afirmou en reiteradas ocasións que non ía haber recurtes en materia social.

8.10.11

O BNG DEMANDA UNHA REVISIÓN A FONDO DAS ORDENANZAS FISCAIS

“Para os nacionalistas de Fene vai sendo hora que o goberno popular diga o que vai facer nesta materia”
Na xuntanza mantida o pasado xoves 6 de outubro, o concelleiro nacionalista Juventino Trigo reclamoulle ao edil de Facenda, unha revisión a fondo de todas as ordenanzas fiscais e avanzou algunhas das propostas nacionalistas.
Para o BNG non vale “conxelar” ou “IPC” como opcións xerais neste momento cando caen os ingresos de procedencia estatal e autonómica hai que tomarse en serio a revisión das ordenanzas facendo unha lectura das mesmas e actualizando textos e conceptos.
Os nacionalista construímos, coa colaboración dos veciños, un concello cunha ampla base e responsabilidade no ambito fiscal. O noso concello conta con 31 ordenanzas de contido fiscal que regulan diferentes aspectos das actividades e tributos de competencia municipal e polas que o concello recada máis de 5 millóns de euros.
Para seguir avanzando neste sentido e que Fene non quede atrás propomos tres grandes obxectivos :
1- Ampliar e mellorar a súa capacidade recadatoria, coa ampliación de padróns, actualización de tarifas en función dos estudos económicos, e utilización das contribucións especiais para a ejecución de determinadas obras.
2- Favorecer as persoas con menos recursos cun sistema de exencións axustados á actual situación de crise.
3- Dotar de medidas fiscais que favorezan ao tecido productivo local.
Medidas concretas son a inclusión de infraestructuras e equipamentos no padrón do IBI como zonas portuarias e ferroviarias e novas construccións así como un incremento na cota ás naves e baixos comerciais sen uso. A revisión do padrón do lixo e auga para favorecer novas altas. Proporemos a modificación do Imposto de vehículos para deixar exentos aos vehículos históricos e reducir ao 50% aos vehículos eléctricos e de competición. Favoreceremos á hostelaría promovendo un mínimo exento na ubicación de terrazas e un pagamento anual por mesa, mostrador ou barras exteriores, cando se supere o mínimo exento. No aspecto das exención promoveremos baremacións comúns en todas as ordenanzas e unidades na xestións dos expedientes para non burocratizar os procedementos. Ao mesmo tempo proporemos a eliminación do requisito que figura nas actuais ordenanzas de non poder ter un vehículo para optar ás exencións de elementos básicos como a auga e o saneamento.

1.10.11

O BNG PRESENTA A MOCIÓN EN RELACIÓN CO FUTURO DO SECTOR NAVAL NA RÍA DE FERROL

Os nacionalistas trasladaran á Xunta de Portavoces do vindeiro luns 3 de outubtro a moción nacionalista basada nun texto xa consensuado polas forzas parlamentarias galegas.

O portavoz do BNG no concello fenés, Manuel Polo, agarda que o acordo sexa unánime como se ten dado noutras institucións.

Os obxectivos da proposta son ven coñecidos pero por iso non deixan deser cada vez máis urxentes na súa aplicación debida á inminente falta de traballo tanto en en Ferrol como en Fene.

Acordos:

1.- Esixir á SEPI que elabore e impulse un Plan de Traballo para asegurar a carteira de traballo dos estaleiros públicos da Ría de Ferrol. Dito plan terá entre os seus obxectivos garantir o mantemento dos postos de traballo directos e indirectos en ditos estaleiros.

2.- Contemplar como unha prioridade estratéxica na axenda exterior do Goberno para captar inversión na economía española, a consecución de contratos cos estaleiros da Ría de Ferrol.

3.- Dar cumprimento ao compromiso adquirido polo Goberno do Estado de contratar a construción nos estaleiros de Navantia da Ría de Ferrol, da VI fragata F100 para a mariña española.

4.- Negociar no ámbito da Unión Europea a eliminación das limitacións que actualmente pesan sobre os estaleiros de Navantia para poder operar plenamente no campo da construcción civil e en particular a limitación que pesa sobre o estaleiro de Fene para que poida construir buques.

5.- Promover no ámbito da Unión Europea medidas de carácter temporal que teñan en conta a especificidade do sector naval que contribúan a superar a crise que actualmente padece o sector.

6.- Esixirlle á Xunta de Galiza que colabore coa SEPI no cofinanciamento e desenvolvemento dun centro de reparacións de Navantia na Ría de Ferrol, de acordo co “Contrato con Ferrol” exposto polo presidente Nuñez Feijoo en 2009.

7.- Impulsar a construcción dun dique flotante que permita que o centro de reparacións de Navantía na Ría de Ferrol poida ofertar tamén a reparación e transformación de grandes buques, encomendando a construción do mesmo aos propios estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol.