10.12.09

Unha comisión de seguemento para as obras do FEIL do 2010


Apostamos polo soterramento das liñas de alta tensión en San Valentín co Fondo Estatal polo Emprego e a Sostenibilidade local 2010.

Propoñemos 3 grandes obxectivos a lograr co FEESL :
1.-Dotar ao Concello Fene de bases sólidas para a creación de emprego e a mellora da economía local.
2.- Promover medidas de sostenibilidade ambiental.
3.- Acelerar a implantación das T.I.C.

Para o BNG o FEESL debe ter obxectivos claros e de futuro que melloren a competitividade do concello no eido económico e a calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas.
Actuacións a realizar:
1.- Dotación das partidas orzamentarias do gasto corrente do Concello relativas a aplicación da lei da Dependencia.
2-Construcción unha aula de educación física no Colexio de Centieiras
3-Redacción dun plan de mobilidade municipal. (Beirarrúas, carrís bici, transporte, accesibilidade en xeral a todo tipo de edificacións e instalacións.)
4-Redacción dun Plan integral de sostenibilidade ambiental (tratamento do lixo,auga espazos naturais ríos, ribeiras, enerxías alternativas, melloras de eficiencia enerxética...)
5-Actuacións de reducción de consumos e mellora da eficiencia dos diferentes alumeados públicos e das instalacións municipais. (Sustitución das lámpadas antigas e de escaso alumado) 6-Mellorar o río Baa e o seu entorno, recuperando o camiño da Lancha.
7-Soterramento das liñas de alta tensión ao seu paso por Fene e San Valentín
8-Redacción dun Plan Director TIC .(Acceso a internet e os seus servizos universais)
9- Implantación dunha rede de acceso a internet sen fíos. (Creación da rede )
10- Desenvolver un Plan estratéxico TIC dirixido ao tecido empresarial e comercial

Negociar coa Xunta para obter un efecto multiplicador do FEESL Desde o BNG de Fene queremos consensuar obxectivos e actuacións que melloren Fene. Os nacionalistas de Fene lembramos a necesidade de acordar canto antes estas actuacións xa que é preciso abrir a negociación coa Xunta de Galicia para xerar un efecto de multiplicación dos investimentos do F.E.I.L. no noso concello, comprometendo investimentos autonómicos en novas tecnoloxías, ensino, servizos sociais e na mellora ambiental de Fene.

Contacto: Casa do Concello: De luns a venres de 11 a 13 no 3º andar Telf.: 981 492 707
Na asemblea local do BNG de Fene: Avda. Naturais, 41-Baixo 15500 Fene. Telf: 981 342 984