28.4.06

Os de Limodre tamén opinan


Os militantes e simpatizantes do BNG de Limodre reunironse esta semana para avaliar o funcionamento do goberno municipal de Fene. Espuxeron tamén as principais necesidades da parróquia, coincidindo en apuntar a servizos básicos como a extensión das redes de saneamento e suministro de auga. Asimesmo incidiron na demanda de maior seguridade vial nas estradas que cruzan a parróquia.

A fermosa praia de Almieiras en Limodre (Fene A Coruña) Ao fondo a vila de Redes.

11.4.06

Reunión cos viciños e viciñas de Magalofes

O BNG de Fene iniciou cos militantes e simpatizantes de Magalofes, unha xeira de reunións sectoriais e parroquias que pretende xeneralizar nos vindeiros meses. Así programanse xuntanzas con grupos de viciños das restantes 7 parróquias do término municipal. Tamén se artellarán actividades específicas para colectivos concretos. Para o mes de maio prepárase xa unha festa para a xuventude. En todas esas reunións recábase dos asistentes propostas e suxerencias para mellorar a xestión municipal, e expóñense os principais proxectos inmediatos do grupo de goberno. A primeira reunión cos viciños e viciñas de Magalofes rematou cunha valoración moi positiva.