O BNG sabe, quere e pode gobernar Fene
O BNG de Fene celebrou a pasada noite o inicio da campaña electoral coa tradicional pegada de carteis. O candidato á alcaldía, Juventino Trigo, acompañouse da candidatura e da militancia para iniciar xuntos os quince días de intenso traballo que restan ata o día das eleccións.
Unha vez feita a rolda de contactos coas sociedades de Fene para elaborar o programa, e presentada a candidatura publicamente, o BNG de Fene disponse agora a facer unha campaña axeitada á súa forma de traballar: falando coas persoas e escoitando aos veciños e veciñas.