29.11.11

O BNG de Fene organiza un acto para reivindicar o día internacional para a eliminación da violencia contra das mulleres

O vindeiro mércores 30 de novembro as mulleres da Asemblea Local de Fene imos celebrar un acto lúdico - reivindicativo para lembrar o día internacional para a eliminación da violencia contra das mulleres que se conmemorou o pasado día 25.

Para iso, a partir das 20.30h, reunirémonos no local do BNG de Fene para escoitar a intervención de Iria García e visionar un vídeo de Peque Varela a cineasta de Caranza que recibíu o Premio Mestre Mateo deste ano. A continuación celebraremos unha cea de convivencia no mesmo local. O acto é aberto ás persoas que queiran asistir, so hai que inscribirse no enderezo bngfene@gmail.com

O BNG Fene abstense de apoiar a proposta do PP para o Plan de Obras da deputación

PP e PSOE coinciden de novo na votación do Pleno, aprobaron o orzamento para 2011, as taxas para o 2012, o creto ICO de case 400.000€ para pagar facturas pendentes e agora o aproban o POS. A proposta do PP estivo a disposición do BNG trinta minutos antes do Pleno, tempo “suficiente” para ver como o Informe da Secretaría municipal informa desfavorablemente os proxectos por cusetións formais.

No BNG coa nosa abstención quixemos dar unha oportunidade a que se realicen tres obras importantes para a nosa veciñanza, pero tomamos nota do xeito de traer as propostas ao Pleno, sen comisión previa e por vía de urxencia con escasísimo tempo material para ver o expedente. No plan de obras para 2012 o PP destina gran parte do mesmo para gasto corrente. O protavoz nacionalista Manuel Polo afirmou “nos apoiamos esta medida dentro dun proxecto económico de orzamento para o ano 2012, feito que non se deu e vemos lonxe de materializarse pola falla de proxecto do PP para Fene” “Coas medidas que veu tomando o PP as contas para 2012 non vanter marxe, vai ser política de feitos consumados polos compromisos adquiridos”

O BNG de Fene está sorprendido do gran apoio que está a prestar o PSOE de Iván Puentes ao PP. Contrasta a benevolencia socialista co PP coa dureza coa ambos partidos trataron ao BNG nos últimos anos de goberno nacionalista.

18.11.11

O alcalde de Fene cambia de discurso e defende á Xunta de Feijóo antes que á veciñanza de Magalofes e Sillobre

Exime agora a responsabilidade que antes esixía ao anterior alcalde para escritutrar os terreos necesarios

O PP de Fene, antes das eleccións de maio, preguntou reiteradamente ao goberno porqué non se escrituraban os terreos que estaban xestionados e cedidos voluntariamente por dous propietarios. Trátase do único trámite que resta para a dotación de servizos básicos as parroquias de Magalofes e Sillobre, nas que falta a auga na primeira e a auga e o saneamento na zona alta da segunda (San Marcos, Marraxón, A Rañoa, Lubián).

Agora, sen embargo, cando lle toca a el respostar como alclade porqué non escritura e rexistra os terreos, e porqué o goberno da Xunta non atende a Fene e asina un convenio para facer as obras, di que a culpa é do BNG e que o goberno de Feijóo non ten nada que ver.

Os nacionalistas esixismos ao alcalde de Fene que cumpra coas súas funcións. Entre as competencias do concello están as de dotar de auga e saneamento á poboación, e se no BNG non nos valían as desculpas do anterior goberno do PSOE, tampouco nos valen agora as do PP.

Estas obras contan cun proxecto realizado no ano 2007 polo BNG, tamén se xestionaron naquel momento os terreos para a ubicación dun bombeo e un depósito de auga en Magalofes. No ano 2008 o Concello Pleno, por unanimidade, modificou o proxecto que contaba co visto bo da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructura. Coa chegada ao goberno da Xunta do PP, os compromisos anterores esbaeceron. O Conselleiro do PP, Agustín Hernádez, cambiou a proposta esixindo no ano 2010 un cofinanciamento da obra. O BNG propuxo entrar a participar no finanzamento das obras unha achega de 45.000 € anuais duarante 4 anos para asinar o convenio. Nos orzamentos municipais de 2010 figuran 45.000€, PP e Psoe esqueceron o compromiso nos orzamentos do 2011 e a Xunta de Galiza non o recolle nos orzamnetos de 2012, razóns polas que o BNG pregunta no Parlamento Galego por estas obras.

16.11.11

O BNG PREGUNTA Á XUNTA POLO SANEAMENTO E A AUGA PARA AS PARROQUIAS DE MAGALOFES E SILLOBRE

O deputado nacionalista Fernando Branco pregunta á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructura polas obras de auga a Magalofes e saneamento e auga a Sillobre e San Marcos.

Concretamente o BNG pregunta para a súa resposta oral e escrita cal é a previsión da Consellería para a cometer as obras se saneamento e abastacemento nas parroquias de Magalofes e Sillobre. Ademais preguntase pola obrigación de cofinanciamento expresado por escrito pola propia Consellería para poder acomenter as obras.

Estas obras contan cun proxecto realizado no ano 2007 polo BNG. Para os nacionalistas non é de recibo que ante o compromiso das diferentes corporacións de Fene e do propio movemento veciñal o conselleiro do PP Agustín Hernández manteña unha actitude tan pouco colaboradora para executar estas obras tan importantes que virian a culminar os servizos de saneamento e traída de auga en todo o Concello de Fene.

10.11.11

O BNG DEMANDA DA CONSELLERÍA QUE CUBRA A VACANTE DO CEIP DE CENTIEIRAS

Os nacionalistas puxémosnos en contacto co grupo parlamentar do BNG para que interroguen aos responsabeis da Consellería de Educación sobre a falta de profesorado de educación infantil. Concretamente o feito de que unha profesora do CEIP de Centieiras en Perlío, se ausente por formar parte dunha candidatura durante 15 días e a Consellería non cubra a vacante non é de recibo. Un procedemnto ao que ten dereito a traballadora que conta con autoriación expresa da propia Consellería ten que ser cuberta desde o minuto un. Non existe imprevisión, nin urxencia, nin causas sobrevidas. O goberno do PP recurta e aforra en mestres e conculca os dereitos da mestra a participar no proceso electoral e do alumando a ser ben atendido, algo nunca visto, o que é unha mostra evidente de cales son as políticas básicas de Feijoo de desprezo dos servizos básicos e á democracia.

Para o BNG é intolerábel esta actuación política a nivel autonómico e máis se cadra a actitude de resignación do PP local que non dá unha torna en defender aos nenos e nenas de Fene.

7.11.11

O BNG IMPUGNA A APROBACIÓN DA TAXA DOS EXAMES

“ O alcalde non dirimiu o empate a seis cunha segunda votación tal como indica a lei”

As ordenanzas fiscais apróbanse por maioría simple, máis votos a favor que en contra. Os seis votos do PP non son suficientes para superar os seis votos en contra de BNG e IU e a abstención socialista na imposición dunha taxa ás persoas que aspiren a un emprego no concello.
Os nacionalistas de Fene, sen entrar no fondo das ordenanzas fiscais, impugnamos este acordo xa que o alcalde non someteu o asunto debatido a unha segunda votación, tal e como indica a lei.
(Artigo 46, Título V, Capítulo primeiro da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, que di textualmente:No caso de votacións con resultado de empate, efectuarase unha nova votación, e se persistise o empate, decidirá o voto de calidade do Presidente).

Unha falta de reflexos do Alcalde, Gumersino Galego, e unha falta de preparación do Pleno polo edil de facenda nun Pleno que realmente so sacou adiante a suba do IPC da Taxa do lixo, xa que a conxelación do resto da taxas non era necesario que fose sometido a votación. Os acordos adoptados están moi lonxe do que reiteramos desde o BNG que era a necesidade de facer un estudo global das taxas e impostos de tal xeito que se adapten ás circunstanciás económicas e á realidade de máis de 1200 persoas desempregadas no noso concello, aos nosos sectores económicos e sociais.