O BNG afirma que nas taxas e impostos non hai nin proposta, nin acordo, só vemos declaracións de intencións dun goberno esgotado
03/11/10 08:44 - xestor bng Fene 2 de novembro de 2010.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG de Fene, Manuel Polo, quere sair ao paso do que consideramos propaganda gratuita do alcalde de Fene e do seu goberno no relativo ás taxas e impostos do ano 2011. A día de hoxe nin hai proposta nin hai acordo aprobado. No día de hoxe celebrouse unha Comisión extraordinaria de Facenda na que non se aprobou taxa nin ordenanza algunha xa que non figuraba na orde do día. Para o Pleno do vindeiro xoves, que aínda non está convocado, non figura este asunto. O BNG na vontade de facilitar a actualización das ordenanzas sentámonos a negociar o mes pasado e fixemos propostas concretas. De feito entregamos polo rexistro de entrada un documento con 7 puntos moi esclarecedores de cal é a nosa postura. O único que observamos foi unha vontade do concelleiro de Facenda de subir o IPC(2,1%) algunhas taxas e o 5% a recolida do lixo e as actividades culturais e deportivas. No BNG non compartimos esa idea e menos tendo en conta que son criterios subxectivos e faltos de iniciativa e impulso no goberno local á hora de facer propostas positivas para a xente. O desinteres que está a ter o Alcalde en sacar este asunto adiante é de tal calibre que observamos que vai ser materialmente imposible efectivizar proposta algunha en tempo e forma, xa que como é sabido, o asunto ten que tratarse nunha Comisión informativa extraordinaria, logo convocar un Pleno extraordinario e logo remitir o acordo ao BOP e telo a exposición pública 30 días hábiles e para rematar enviar o anuncio ao BOE. Para cubrir este percorrido administrativo había que ter aprobados os novos documentos fiscais como moi tarde esta semana o cal xa vemos que non vai ser viábel. O BNG anima ao Alcalde a poñerse a traballar e sacar algún acordo en tempo e forma e sobre todo nun asunto tan importante como as ordenanzas fiscais do próximo ano. É posibel acadar un acordo pero traballando ordenanza a ordenanza, actualizando textos, mellorando a progresividade impositiva, facilitando o fraccionamento dos pagamentos e outras consideracións que temos feitas desde o BNG
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home