O concello ten paralizados compromisos de pago desde o ano 2008
Fene 12 de novembro de 2010.- O BNG quere denunciar o incumprimento reiterado do goberno de Puentes nos pagos. Como vimos denunciando os nacionalistas dende hai tempo este goberno gasta máis do que ten orzamentado, adquire compromisos que non cumpre e a piques de pechar a contabilidade do presente ano é incapaz de facer fronte a máis de un millón de euros en facturas a diferentes provedores e tampouco é capaz de cumprir cos acordos laborais asinados no ano 2008 cos empregados municipais.
A xestión de Puentes ao fronte do consistorio fenés é francamente mellorábel, o feito de que no ano 2009 non fose quen de sacar uns orzamentos e que os do 2010 fosen aprobados no verán, afondou máis se cadra na deficiente xestión económica do concello. Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo, “Puentes leva máis de tres anos na alcaldía sen implicarse na xestión do concello e repetindo as medias verdades da súa campaña electoral, preocupandose máis de sair na foto que por mellorar os servizos aos veciños”.
Os nacionalistas queren lembrar que solicitaron un informe á Intervención municipal que proxectara a debeda municipal dos últimos 5 anos. Este informe desmonta o argumento do alcalde de que reduciu a débeda municipal. A mesma mantense entre o 30 eo 40 por cen, moi lonxe do 110% permitido legalmente.
Contención do gasto?, un exemplo clarísimo da xestión de Puentes é a súa proposta de cambio de operador de telefonía móbil en xullo do 2009 que lle ía aforrar ao concello o 50% da factura segundo el mesmo afirmou. Revisados os gastos telefónicos desde 2005 vemos que no ano 2009 gastaronse 72.000€ cando ento os 4 anos anteriores non sesuperaron os 60.000€ de media.
Iniciativa nacionalista, o BNG presentará, nos vindeiros días, aos grupos políticos do concello unha batería de medidas para conter realmente os gastos e promover unha xestión sustentábel do concello.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home