14.10.18

O BNG presenta emendas ás propostas de Ordenanzas fiscais do PP e Somos Fene



O portavoz nacionalista,JuventinoTrigo, presentou na Comisión de Facenda do pasado xoves unhas propostas que mellorarían a redacción das ordenazas fiscais propostas a debate polo goberno PP-Somos Fene.
A concelleira de facenda,Rocio Bértoa, rexeitou as propostas nacionalistas. O protavoz nacionalista reiterará as emendas no Pleno extraordinario e urxente do vindeiro luns ás 9 da mañá.
Para o BNG o proceso de modificación das ordenanzas fiscais foi de pouco traballado, simples obrigas legais e adaptacións á normativa ou cambios derivados da presión de persoas interesadas en apartados moi concretos. Para o portavoz nacionalista perdeuse a ocasión de facer un traballo en profundidade cando ademais o goberno conta con maioria para facelo.
As emendas que presentará o Grupo Municipal do BNG serán: 
Ordenanza que regula o Imposto de Veículos de Tracción Mecánica o BNG proporá a bonificación do 100% aos veículos históricos, tal é como está nos concellos da comarca.
Ordenanza que regula o Imposto de Bens inmobles, a proposta será que as familias numerosas obterán a bonificación sempre que non superen 3,5 veces o salario mínimo
Ordenanza que regula a taxa de recollida do lixo, a proposta a modificar será que as porsoas soliitante so poderán ter un vehículo na vivenda obxeto da solicitude, na ordenanza actual ter un vehículo impide solicitar a bonificación por motivos económicos.
Para o BNG  estas melloras son pequenas pero suficientes para obter o voto positivo dos nacionalistas. Para o portavoz Juventino Trigo " a reforma debería ser moito máis profunda pero a urxencia co que o goberno trata o asunto non permite avanzar máis nas propostas que facemos."