A CREACIÓN DUN PLAN DE EMPREGO É A PRINCIPAL PROPOSTA DO BNG PARA A REDACCIÓN DOS ORZAMENTOS DO 2011.
Os nacionalistas de Fene veñen de rexistrar un documento titulado “Criterios e porpostas para a redacción dos orzamnetos do 2011” O obxectivo do BNG coa presentación deste documento é a de marcar un ritmo de traballo no goberno municipal para que os nosos veciños e veciñas vexan mellorados os servizos e as obras que presta o concello no vindeiro ano 2011.
Para o BNG é un reto fundamental que o concello poda ter uns orzamentos en vigor para o ano próximo. A sociedade de Fene non pode permitirse perder outro exercio tal e como aconteceu no ano 2009, onde o Puentes foi incapaz de sacar unhas contas adiante ou o caso deste 2010 no que os orzamentos aprobados no verán deron pouco de sí.
Se o PSOE traballa sobre as bases que lle propoñemos desde o BNG non terán problema en cumprir por unha vez no seu mandato co obxectivo de ter os orzamentos aprobados a principios de ano.
Para o BNG o rigor no gasto e a optimización dos ingresos son elementos fundamentais na xestión do diñeiro público. Tendo en conta a situación de grave crise económica e desemprego apostamos decididamente por un Plan de emprego que ao tempo que crea postos de traballo mellore as infaestructuras municipais como rúas e beirarrúas, colexios, cunetas e sumidoiros.
Unha factura pendente é a reducción da morosidade do Concello, polo que axilizar os pagos a proveedores é outra necesidade imprescindible facendo un Plan de saneamento que permita por ao día estes pagos ea sí mellorar a economía das empresas provedoras.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home