O BNG PREGUNTA POLA DEMORA NO INICIO DAS OBRAS NO PORTO DE BARALLOBRE
Fene 29 de novembro de 2010.-Os deputados nacionalistas Bieto Lobeira e Ana Luisa Bouza veñen de rexistrar unha pregunta relativa ás obras de mellora do peirao de Barallobre.
As melloras nesta instalación son unha demanda histórica do sector do marisqueo e a pesca no noso concello e que o BNG ven apoiando e damandando con firmeza. Teñen sido moitas as promesas e é tempo xa de que os compromisos pasen a ser realidades.
O 16 de abril formailizouse a licitación para a adxudicación da obra cun prazo de execución de oito meses. Dous meses máis tarde, o 18 de maio, o Presidente de Portos de Galiza visitaba Barallobre para confirmar a inminencia do inicio das obras. Sete meses despois da visita non teñen dado comenzo as obras. Debido a esta situación os nacionalistas de Fene trasladamos a nosa preocpación aos deputados do grupo paralamentar para que preguntasen na cámara galega;
1) Por que razón se incumpriron os prazos previstos en relacións ás obras de mellora no Porto de Barallobre?
2) Cando darán comenzo?
3) Cando rematarán?
Para o portavoz do BNG no concello, Manuel Polo, afima que ” o goberno de Feijoo ten moitos compromisos sen inciar no noso concello e desde o BNG non imos quedar pasivos e perdendo oportunidades de investimentos necesarios para os nosos veciños e veciñas, agardamos que nesta ocasión as obras do porto comencen antes do fin do ano.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home