5.11.10

O BNG AFIRMA QUE O ALCALDE SUSPENDE EN TRANSPARENCIA

Fene 5 de novembro de 2010.- No Pleno ordinario do concello de Fene celebrado onte xoves ás 18:00 o alcalde socialista, Ivan Puentes, consumou unha serie de accións impropias dunha democracia. A convocatoria do Pleno foi a destempo tal e como indicou o Secretario municipal e por outra banda a orde do día non contiña máis que un único punto, a adhesión do concello de Cedeira á Mancomunidade de municipios de Ferrolterra, e ocultou dun plumazo as dúas peticións de comparecencia feitas polo BNG no Pleno do mes anterior, comaparecencias do Presidente da comisón de desenvolvemento territorial e da concelleira responsábel da emisora municipal. Iniciado Pleno pretendeu incluir estes asuntos, xunto con outros dictaminados os días previos en comisións informativas extraordinarias e que pola precipitación e falta de organización interna se acumularon ate 9 puntos fora da orde do día. O BNG non aceptou a proposta e esixiu dilixencia á hora de confeccionar a orde do día do Pleno. As comparecencias dos edís socialistas quedaron a petición dos nacinalistas para o Pleno ordinario de decembro. Desde o BNG tamén se puxo de manifesto que era vergoñento e inaudito que non se leven a aprobar as actas do Pleno desde marzo e que á oposición non se nos entregan as actas da xunta de goberno local, polo que advertimos ao alcalde que de non ser entregada a documentación os edís nacionalistas valoraremos a nosa asistencia aos órganos colexiados do concello.

Por último esixímoslle ao alcalde que nos respostara a máis dun cento de preguntas elaboradas por escrito e das que non deu conta algunha.

No debate do Pleno aprobouse a moción do BNG de adesión á Plataforma contra o decreto do carbón cos votos nacionalistas e populares e a abstención do PSOE e IU, por último tamén se aprobou unha moción consensuada polo BNG, IU e PSOE contra privatización dos servizos no centro educativo Souto de Leixa en Ferrol.

O Portavoz nacionalista no concello,Manuel Polo, afirma “que o goberno de Puentes está esgotado, non traballa, non ten os deberes ao día, non escoita aos veciños e lamentablemente sáltase as normas mínimas que teñen que rexir un concello democrático e transparente”