5.3.12

O BNG renova o seu Consello Local

A Asemblea Local do BNG de Fene aprobou este venres, por unanimidade, o seu novo Consello Local, que está encabezado pola anterior viceresponsábel, Digna Faraldo. Moitas caras novas e algunha máis veterana que unirán as súas forzas para traballar coa sociedade fenesa.

O Consello Local saínte, encabezado por Ana Santiago, deu paso a novo órgano dentro do proceso de renovación que iniciou o BNG coa Asemblea Nacional do pasado mes de xaneiro. A nova responsábel local, Digna Faraldo, contará no equipo co portavoz municipal Manuel Polo, Sandra Permuy, Ledicia Trillo, Alberto Maceiras, Xosé Antonio García, Manuel Vidal e Alba García (de Galiza Nova), persoas que, na súa maioría, chegan ao Consello Local por primeira vez. Ademais, forman parte do novo órgano os membros do grupo municipal, encabezado por Juventino Trigo, que vén de formalizar a súa alta na militancia do BNG.

O Consello Local de Fene foi apoiado pola totalidade da Asemblea e, segundo afirmou a nova responsábel, porase a traballar de inmediato para seguir estando ao lado da sociedade fenesa, como sempre o estivo o BNG.

2 Comments:

At 10:26, Anonymous Anónimo said...

Sería apoiado polos que quedan no BNG, que cada vez son menos

 
At 09:40, Anonymous Anónimo said...

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/04/11/40-militantes-bng-fene-dan-baja/0003_201204F11C4991.htm
Xa nada máis quedades o babecos da UPG

 

Enviar um comentário

<< Home