9.3.12

O BNG esíxelle ao alcalde que defenda as demandas das persoas maiores

Os recortes da Xunta de Galiza no Centro sociocomunitario de Fene comezaron coa chegada de Feijoo á presidencia do goberno galego hai tres anos. Agora toca un recorte máis en persoal ao que os propios usuarios están a facer fornte e que contan co apoio total do BNG.

Con aterioridade a este recorte de persoal o Centro xa sufriu un retallamento nas actividades quedando sen un número importante das mesmas ou tendo que abonalas na súa integridade as persoas usuarias. Todo isto a pesar que desde a Consellería se afirmaba nunha resposta parlamentaria que o Centro de Fene contaba co mesmo orzamento que en anos anteriores.

No concello os diferentes grupos temos presentado iniciativas e demandas de apoio ás melloras das instalacións e das actividades do Centro sociocomunitario de Fene. Por isto ismos trasladarlle ao alcalde, o Popular Gumersindo Galego, a nosa demanda de que xestione ante a Consellería as melloras que esixen as persoas maiores.

Os nacionalistas queremos lembrar que Fene conta con máis de 3500 persoas maiores de 65 anos e que este centro leva anos sendo dinamizador de actividades así como un lugar de información e xetión de asuntos que lle afectan a este colectivo mellorando así a súa calidade de vida.