18.11.11

O alcalde de Fene cambia de discurso e defende á Xunta de Feijóo antes que á veciñanza de Magalofes e Sillobre

Exime agora a responsabilidade que antes esixía ao anterior alcalde para escritutrar os terreos necesarios

O PP de Fene, antes das eleccións de maio, preguntou reiteradamente ao goberno porqué non se escrituraban os terreos que estaban xestionados e cedidos voluntariamente por dous propietarios. Trátase do único trámite que resta para a dotación de servizos básicos as parroquias de Magalofes e Sillobre, nas que falta a auga na primeira e a auga e o saneamento na zona alta da segunda (San Marcos, Marraxón, A Rañoa, Lubián).

Agora, sen embargo, cando lle toca a el respostar como alclade porqué non escritura e rexistra os terreos, e porqué o goberno da Xunta non atende a Fene e asina un convenio para facer as obras, di que a culpa é do BNG e que o goberno de Feijóo non ten nada que ver.

Os nacionalistas esixismos ao alcalde de Fene que cumpra coas súas funcións. Entre as competencias do concello están as de dotar de auga e saneamento á poboación, e se no BNG non nos valían as desculpas do anterior goberno do PSOE, tampouco nos valen agora as do PP.

Estas obras contan cun proxecto realizado no ano 2007 polo BNG, tamén se xestionaron naquel momento os terreos para a ubicación dun bombeo e un depósito de auga en Magalofes. No ano 2008 o Concello Pleno, por unanimidade, modificou o proxecto que contaba co visto bo da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructura. Coa chegada ao goberno da Xunta do PP, os compromisos anterores esbaeceron. O Conselleiro do PP, Agustín Hernádez, cambiou a proposta esixindo no ano 2010 un cofinanciamento da obra. O BNG propuxo entrar a participar no finanzamento das obras unha achega de 45.000 € anuais duarante 4 anos para asinar o convenio. Nos orzamentos municipais de 2010 figuran 45.000€, PP e Psoe esqueceron o compromiso nos orzamentos do 2011 e a Xunta de Galiza non o recolle nos orzamnetos de 2012, razóns polas que o BNG pregunta no Parlamento Galego por estas obras.