1.10.11

O BNG PRESENTA A MOCIÓN EN RELACIÓN CO FUTURO DO SECTOR NAVAL NA RÍA DE FERROL

Os nacionalistas trasladaran á Xunta de Portavoces do vindeiro luns 3 de outubtro a moción nacionalista basada nun texto xa consensuado polas forzas parlamentarias galegas.

O portavoz do BNG no concello fenés, Manuel Polo, agarda que o acordo sexa unánime como se ten dado noutras institucións.

Os obxectivos da proposta son ven coñecidos pero por iso non deixan deser cada vez máis urxentes na súa aplicación debida á inminente falta de traballo tanto en en Ferrol como en Fene.

Acordos:

1.- Esixir á SEPI que elabore e impulse un Plan de Traballo para asegurar a carteira de traballo dos estaleiros públicos da Ría de Ferrol. Dito plan terá entre os seus obxectivos garantir o mantemento dos postos de traballo directos e indirectos en ditos estaleiros.

2.- Contemplar como unha prioridade estratéxica na axenda exterior do Goberno para captar inversión na economía española, a consecución de contratos cos estaleiros da Ría de Ferrol.

3.- Dar cumprimento ao compromiso adquirido polo Goberno do Estado de contratar a construción nos estaleiros de Navantia da Ría de Ferrol, da VI fragata F100 para a mariña española.

4.- Negociar no ámbito da Unión Europea a eliminación das limitacións que actualmente pesan sobre os estaleiros de Navantia para poder operar plenamente no campo da construcción civil e en particular a limitación que pesa sobre o estaleiro de Fene para que poida construir buques.

5.- Promover no ámbito da Unión Europea medidas de carácter temporal que teñan en conta a especificidade do sector naval que contribúan a superar a crise que actualmente padece o sector.

6.- Esixirlle á Xunta de Galiza que colabore coa SEPI no cofinanciamento e desenvolvemento dun centro de reparacións de Navantia na Ría de Ferrol, de acordo co “Contrato con Ferrol” exposto polo presidente Nuñez Feijoo en 2009.

7.- Impulsar a construcción dun dique flotante que permita que o centro de reparacións de Navantía na Ría de Ferrol poida ofertar tamén a reparación e transformación de grandes buques, encomendando a construción do mesmo aos propios estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol.

1 Comments:

At 13:34, Anonymous Anónimo said...

Xa non defendedes que lle regalen o estaleiro a Pucho Viñas?

 

Enviar um comentário

Links to this post:

Criar uma hiperligação

<< Home