25.10.11

O CANDIDATO AO SENADO XAIME BELLO FALA DOS RECURTES NO ENSINO

O BNG organiza o mércores 26 de outubro unha charla sobre a precarización do Ensino Público que está a ser a unha das políticas máis agresivas que o Partido Popular está levando adiante alí en onde goberna, sen dúbida unha mostra clara do que serán as súas políticas de acadaren o goberno do estado o vindeiro 20 de novembro.

Para falar deste tema contaremos con Xaime Bello Costa, cabeza de lista ao Senado polo BNG para as vindeiras eleccións Xerais de novembro e con Xosé Lois Rivera Jácome, responsábel comarcal da Federación de Ensino da CIG. Trátase dun acto aberto a todas aquelas persoas que queiran participar e participar no coloquio que terá lugar ao remate do acto.

O acto terá lugar no Salón de Actos da sociedade O Pote de Maniños e empezará ás 19.00h.