7.11.11

O BNG IMPUGNA A APROBACIÓN DA TAXA DOS EXAMES

“ O alcalde non dirimiu o empate a seis cunha segunda votación tal como indica a lei”

As ordenanzas fiscais apróbanse por maioría simple, máis votos a favor que en contra. Os seis votos do PP non son suficientes para superar os seis votos en contra de BNG e IU e a abstención socialista na imposición dunha taxa ás persoas que aspiren a un emprego no concello.
Os nacionalistas de Fene, sen entrar no fondo das ordenanzas fiscais, impugnamos este acordo xa que o alcalde non someteu o asunto debatido a unha segunda votación, tal e como indica a lei.
(Artigo 46, Título V, Capítulo primeiro da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, que di textualmente:No caso de votacións con resultado de empate, efectuarase unha nova votación, e se persistise o empate, decidirá o voto de calidade do Presidente).

Unha falta de reflexos do Alcalde, Gumersino Galego, e unha falta de preparación do Pleno polo edil de facenda nun Pleno que realmente so sacou adiante a suba do IPC da Taxa do lixo, xa que a conxelación do resto da taxas non era necesario que fose sometido a votación. Os acordos adoptados están moi lonxe do que reiteramos desde o BNG que era a necesidade de facer un estudo global das taxas e impostos de tal xeito que se adapten ás circunstanciás económicas e á realidade de máis de 1200 persoas desempregadas no noso concello, aos nosos sectores económicos e sociais.