10.11.11

O BNG DEMANDA DA CONSELLERÍA QUE CUBRA A VACANTE DO CEIP DE CENTIEIRAS

Os nacionalistas puxémosnos en contacto co grupo parlamentar do BNG para que interroguen aos responsabeis da Consellería de Educación sobre a falta de profesorado de educación infantil. Concretamente o feito de que unha profesora do CEIP de Centieiras en Perlío, se ausente por formar parte dunha candidatura durante 15 días e a Consellería non cubra a vacante non é de recibo. Un procedemnto ao que ten dereito a traballadora que conta con autoriación expresa da propia Consellería ten que ser cuberta desde o minuto un. Non existe imprevisión, nin urxencia, nin causas sobrevidas. O goberno do PP recurta e aforra en mestres e conculca os dereitos da mestra a participar no proceso electoral e do alumando a ser ben atendido, algo nunca visto, o que é unha mostra evidente de cales son as políticas básicas de Feijoo de desprezo dos servizos básicos e á democracia.

Para o BNG é intolerábel esta actuación política a nivel autonómico e máis se cadra a actitude de resignación do PP local que non dá unha torna en defender aos nenos e nenas de Fene.