2.5.11

Juventino Trigo e Secundino García falarán en Magalofes sobre a Lei de Augas

O local social de Malofes acolle a charla este luns, 2 de maio, a partir das 19.30 horas

Dado o interese da poboación en coñecer todos os detalles da Lei de Augas de Galiza, e ante a falta de información convecional sobre ela, o BNG de Fene organiza unha nova charla informativa para aclarar todos os detalles sobre esta norma aprobada pola Xunta de Galicia presidida por Núñez Feijóo.

O candidato á alcaldía fenesa, Juventino Trigo, acompañarase nesta ocasión do alcalde e candidato de San Sadurniño, Secundino García Casal.


As presións realizadas nos últimos meses están a dar os seus resultados, e cada semana temos novidades ao respecto. O martes, 3 de maio, o BNG defenderá no Parlamento de Galiza unha proposición de lei para derrogar a Lei de augas. Unha proposición que se acompañará de todas as firmas recollidas ata o de agora e das poidamos seguir recollendo
.