O BNG sabe, quere e pode gobernar Fene
O BNG de Fene celebrou a pasada noite o inicio da campaña electoral coa tradicional pegada de carteis. O candidato á alcaldía, Juventino Trigo, acompañouse da candidatura e da militancia para iniciar xuntos os quince días de intenso traballo que restan ata o día das eleccións.
Unha vez feita a rolda de contactos coas sociedades de Fene para elaborar o programa, e presentada a candidatura publicamente, o BNG de Fene disponse agora a facer unha campaña axeitada á súa forma de traballar: falando coas persoas e escoitando aos veciños e veciñas.
4 Comments:
Agardemos que o PP non goberne en Fene, por vez primeira na democracia, grazas á que o BNG se vota a si mesmo. Sería o que precisa o BNG para desaparecer do mapa de Fene onde xa pasou de ser a primeira forza política no Concello a ser a terceira e baixando
tedes medo no psoe?....normal,e que se non vades para o paro...
Se cadra nos busca un "cholo" en Mugardos Barcia como fico con Polo
Sr Trigo: Que fixo Vostede por Fene nos últimos 25 anos?
Enviar um comentário
<< Home