Próximo inicio das beirarruas en Barallobre
O BNG espera que antes de finalizar o ano comecen as obras de construcción das beirarruas entre a farmacia e a pista de atletismo de Barallobre. Urbanizaránse así as inmediacións dos Institutos de Ensino Secundario, unha zona por onde transitan a diario numerosos vehículos e peóns por unha estreita calzada. Desa obra e doutros proxectos para Barallobre, falaráse na reunión que este venres manterán dirixentes do Bloque de Fene con militantes e simpatizantes desa parróquia. Tal e como se marcaba no Plano Estratéxico aprobado no pasado mes de xaneiro, a formación nacionalista realiza estas reunións parroquiais para dar conta dos proxectos máis inmediatos para a zona, e tamén recabar propostas, suxerencias e críticas.