5.6.06

Os acordeonistas trunfan no Alborada


Moita animación rexistrouse na NOITE DO ACORDEON celebrada no local do BNG de Fene o venres 2 de xuño. O animador e escritor Xurxo Souto conduciu o acto e gabou a vocación musical de Ferrolterra. Serafín Santamariña (con 9 anos), Sabela e Tamara, Xurxo Vazquez e Manuel Cociña interpretaron con mestría e virtuosismo os seus acordeóns, e fixeron cantar aos asistentes que ateigaban o Alborada.