Próximo inicio das beirarruas en Barallobre
O BNG espera que antes de finalizar o ano comecen as obras de construcción das beirarruas entre a farmacia e a pista de atletismo de Barallobre. Urbanizaránse así as inmediacións dos Institutos de Ensino Secundario, unha zona por onde transitan a diario numerosos vehículos e peóns por unha estreita calzada. Desa obra e doutros proxectos para Barallobre, falaráse na reunión que este venres manterán dirixentes do Bloque de Fene con militantes e simpatizantes desa parróquia. Tal e como se marcaba no Plano Estratéxico aprobado no pasado mes de xaneiro, a formación nacionalista realiza estas reunións parroquiais para dar conta dos proxectos máis inmediatos para a zona, e tamén recabar propostas, suxerencias e críticas.
2 Comments:
¿Cando se vai realizar a reunión cos viciños simpatizantes de Perlío?
¿Son reunións abertas ás que pode ir calquera persoa interesada?
Un saúdo.
Mira que tedes cara. Pero si vos nin faciades caso cando outros grupos da oposición propoñian esta obra e agora que a fai a Deputación Provincial de A Coruña Presidida por Moreda vos apropiades da idea, vaia geta.
Enviar um comentário
<< Home