11.4.06

Reunión cos viciños e viciñas de Magalofes

O BNG de Fene iniciou cos militantes e simpatizantes de Magalofes, unha xeira de reunións sectoriais e parroquias que pretende xeneralizar nos vindeiros meses. Así programanse xuntanzas con grupos de viciños das restantes 7 parróquias do término municipal. Tamén se artellarán actividades específicas para colectivos concretos. Para o mes de maio prepárase xa unha festa para a xuventude. En todas esas reunións recábase dos asistentes propostas e suxerencias para mellorar a xestión municipal, e expóñense os principais proxectos inmediatos do grupo de goberno. A primeira reunión cos viciños e viciñas de Magalofes rematou cunha valoración moi positiva.