20.11.06

Tereixa Novo explica as políticas de igualdade


A membra da Executiva do BNG e Delegada Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Tereixa Novo explicará as políticas de igualdade da Xunta de Galicia, no marco da conmemoración do Dia Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero. O acto terá lugar o vindeiro venres dia 24 ás 19 horas no local do BNG de Fene.

14.11.06

Organizan un curso de técnicas de comunicación oral


Un curso de técnicas de comunicación oral impartiráse este sábado no local do BNG de Fene. As prazas están xa cubertas e asistirán membros do Bloque de toda a comarca de Ferrolterra. Este novo curso xurdiu á iniciativa do BNG de Neda, despois dunha iniciativa similar posta en marcha hai catro anos. Dado o grau de satisfacción dos asistentes ao curso daquela, agora volveuse poñer en práctica. Ao longo de sesións de mañán e tarde explicaránse os distintos tipos de discursos políticos, daráse conta de técnicas de construcción de mensaxes e trucos de oratoria.