A Asemblea do BNG de Fene está a informar por carta a todos os veciños e veciñas de Fene dos motivos do seu voto no pleno de investidura do goberno do pasado 11 de xuño. Posto que durante o pleno non tivemos a palabra, cremos necesario explicar a proposta do BNG e o proceso seguido desde o día das eleccións ata o do pleno.
16 Comments:
Por moitas cartas que enviedes, non ides convencer ós vosos votantes de que lle entregastes a Alcaldía ó Partido Popular: Pensando en Fene.
Todo o mundo sabe o mesquiño da vosa decisión e que só primou o interese persoal de Juventino en ser alcalde.
Ídelo pagar nas vindeiras eleccións municipais
non fai falla explicar nada,todo o mundo queria que o psoe non seguira a gobernar e como botante bng aplaudo a decision
Se non fai falla expricar nada por que dades tantas expricacións?
Non damos "expricacións", só explicamos o sentido do noso voto, que non puidemos explicar no pleno de investidura porque non tivemos a palabra.
Vades ter catro anos para xustificacións de patacón que non convencen a ninguén. Xa falaremos dentro de catro anos
Xa houbo baixas de militantes no BNG de Fene por mor da decisión tomada de apoiar que en Fene goberne o PP
Non sei que baixas habería a verdade, cando NINGÚN militante votou en contra da decisión... Os que estades encontra da decisión sodes tod@s socialistas, a ver cando vos pasa a pataleta!!
E as baixas non serían no PSOE por permitir o ascenso meteórico do PP e non querer que gobernara a verdadeira esquerda?
Quen é a verdadeira esquerda, o BNG? Hai que me desestabiliso coa risa
Pois desestabilísate todo o que queiras... Pero un partido de esquerdas como mal presume o PSOE non faría unha reforma laboral a xeito da patronal, non faría unha reconversión naval salvaxe na comarca, aproveitaría a presidencia na UE para "alomenos" plantexar retirar un veto inxusto a ASTANO, non "solucionaría" a crise prestándolle cartos a uns bancos que logo non fan o mesmo con quen o necesita... Queres máis diferencias entre o BNG e o PSOE? Que pasou en Extremadura con IU? Seica alí tamén lle teñen "rabia" a Iván?
Cando gobernabades co Psoe en Fene non poñiades condicións polo de Astano e outro tanto na Xunta de Galicia.
Xa veremos o que decides cando refagades o acordo de goberno en Fene e volvades a apoiar ó Psoe e a Iván Puentes como Alcalde
ademais de todo o patético da actuación do BNG logo das eleccións, non vedes que, ainda que os votantes non vos pasemos factura por darlle a alcaldía ao PP, vos acabades de suicidar politicamente? Ou sacades maioría absoluta ou non ides gobernar nunca en Fene, porque obviamente o PSOE despois disto non vos vai apoiar para a alcaldía nunca... Non o entendo. Acabades de condenarnos a todos os feneses de esquerdas a ter un goberno do PP polos séculos dos séculos. Grazas!
O partido socialista é o que nos condenou a ter un goberno do PP, o BNG non votou polo PP. Se o PSOE fora o partido con mais concelleiros o BNG non ía aliarse co PP (e supoño que por moita pataleta que teñades os socialistas... no caso contrario tampouco o fariades vos, non?) así que deixade de facer cabalas que quedan catro anos e xa falará o pobo!
P.D. As grazas dállas ao ex-alcalde Puentes por perder 800 votantes que "non souberon valorar a magnífica e impoluta xestión socialista"
Foi mellor a xestión de Galdo, Pico, Tomé, etc, etc
A ti non te gustaría pero durou "algo mais" que 4 anos, non si?
Canto baixou o BNG desde o 2003 ó 2007 en Fene? No 2011 sigueu baixando en votos aínda que mantivese o número de concelleir@s.
No 2015 quedará como última forza política de Fene
Enviar um comentário
<< Home