17.6.11

Carta aberta á sociedade de Juventino Trigo


Cada día estou máis sorprendido, e ao mesmo tempo, máis contrariado.

Na miña presentación como candidato a alcaldía de Fene, o pasado 11 de marzo, dixen que un dos motivos que me levaron a presentarme a estas eleccións era que estaba farto dos políticos que din unha cousa e logo fan outra.

Durante a campaña electoral, sempre que se nos preguntou sobre posibles pactos, fomos cautos, e fixemos saber que a nosa decisión estaba moi condicionada polo modelo de traballo do PSOE de Fene ao longo dos catro anos que acababan de pasar. A pesar diso, os nosos militantes/simpatizantes, e os veciños e veciñas de Fene serían fundamentais na nosa decisión.

Pasadas as eleccións, o resultado está aí. Gran parte do pobo de Fene deulle as costas ao alcalde e o seu goberno avaliando moi negativamente o traballo realizado durante o mandato.

Dende que fixemos a Asemblea Local da que derivou o acordo, comunicamos publicamente que íamos presentar a nosa propia candidatura á alcaldía.

Esa información trasladóuselle ao resto dos grupos, e fíxose pública na prensa, redes sociais, blog, etc. Mantivéronse reunións e negociouse con todos os partidos. As posturas non se achegaron. Baralláronse varias alternativas, pero non foi posible o acordo. O PSOE quería a alcaldía ou nada.

Agora, algunhas persoas sorpréndense porque cumprimos a nosa palabra; tanto os que nos apoian e felicitan efusivamente coma os que se “escandalizan”. ¡Xa ninguén cre nos políticos! Parécelles incríbel que algúns políticos cumpramos o que dicimos. Pero como afirmamos durante toda a campaña, ¡non todos somos iguais!

O peor de todo é a actitude de quen perde as eleccións. A culpa é de todos menos deles.

Autocrítica e sinceridade, son dous elementos imprescindíbeis para avanzar en todas as facetas da vida, tamén na política e no persoal. Aprender iso é mellor que calquera resultado electoral.

O ex-alcalde de Fene, coa súa actitude caprichosa, demostra que aínda non entendeu a mensaxe que lle deu o pobo de Fene. O mesmo pobo que quixo a Pepe Rivera 28 anos quedou farto de Ivan Puentes en 4. No BNG estamos co pobo.


Juventino Trigo
Candidato a Alcaldía de Fene polo BNG
Venres, 17 de xuño de 2011

6 Comments:

At 19:03, Anonymous Carliños (Ares) said...

Moi ben falado,si señor. Eu sinceiramente alégrome moito de que non pactárades.Son votante do Bng e dende fai pouco un militante máis.O que eu busco nesta forza política nacionalista é unha alternativa e non ser unha mera sucursal ou escudeiro do Psoe.Párece que o único que se busca é estar no poder...Unha aperta!

 
At 21:16, Anonymous Anónimo said...

Totalmente de acuerdo.Iván Puentes cree que votar al Bng es tambien votar al PSOe.Aprovecha la coartada de gobierno de izquierdas para labrarse un futuro en política ante su incapacidad de encontrar un trabajo fuera de ella.
Ya no queda ni dignidad.

 
At 12:41, Anonymous Anónimo said...

Sr Trigo: Que fixo vostede por Fene nos últimos 25 anos? Que mérito ten vostede para ser alcalde de Fene?

 
At 14:17, Anonymous Anónimo said...

Señor último comentario... Fixo máis dende o seu traballo que os outros candidatos na Casa do Concello.

E eu pregunto: Qué fixo vostede para andar en todos os foros de internet coa mesma gilipollez? PESADO

 
At 19:41, Anonymous Anónimo said...

Interesante reflexión.

http://mardoorzan.com/2011/05/23/fagamos-algo-novo/

 
At 17:33, Anonymous Anónimo said...

Si hasta su propio partido no entiende la decisión que han tomado, y necesitan abrirles un expediente para aclararse.No nos tomen por tontos y digan cual ha sido el motivo o motivos que les han llevado a hacer lo que han hecho.

 

Enviar um comentário

<< Home