Juventino Trigo será proposto como alcalde de Fene no vindeiro pleno de conformación de goberno
Por decisión da Asemblea Local celebrada este venres 3 de xuño, os cinco concelleiros/as acadados polo BNG nas pasadas eleccións do 22 de maio proporán a investidura do seu propio candidato á alcaldía, Juventino Trigo, e buscarán o apoio das demais forzas para esta fin. Unha vez analizados os resultados electorais, nos que o BNG mantivo a súa representación e aumentou a porcentaxe de voto e o Partido Socialista perdeu 8 puntos e 2 concelleiros, o empate a 5 coloca ao BNG nunha posición de responsabilidade para presentar a súa candidatura. Unha candidatura que é a única con capacidade para liderar un goberno alternativo ao do Partido Popular.
Así o decidiu a Asemblea Local reunida este venres 3 de xuño. Unha asemblea na que destacou a participación –acudiron unhas oitenta persoas- e a postura case unánime de non apoiar ningún tipo de pacto co PSOE, dado que este foi o partido claramente perdedor das pasadas eleccións, baixando a súa representación en 2 concelleiros, perdendo máis de 800 votos e recibindo o castigo da veciñanza despois dun goberno inactivo, distante e alonxado da cidadanía.
Canto ao Partido Popular, que acadou 6 concelleiros/as, conta cun programa de goberno que foi ocultado durante a campaña e que vai conlevar o peche de tres colexios públicos (Os Casais, Limodre e Sillobre) e do centro de saúde de Maniños, así como a implantación de políticas de dereitas e totalmente contrarias ás políticas sociais e para as persoas que definen ao BNG.
O BNG, pola súa parte, conta cun equipo moi capacitado para gobernar e cun programa de goberno claro e definido, elaborado coa colaboración de todo o tecido asociativo de Fene. Un proxecto de futuro e ilusionante que, por decisión de militantes e simpatizantes do BNG, será presentado ás demais forzas políticas como proposta de goberno para o Concello nos vindeiros catro anos.
Unha proposta que, de saír adiante, traducirase nun goberno baseado no diálogo e no consenso con todas as forzas, tal e como nos ten marcado a cidadanía cos resultados electorais do pasado 22 de maio.
62 Comments:
Sodes uns irresponsables e sodes uns lacaios do PP
Nin lacaios nin nada.Hai que traballar por Fene,e o antigo alcalde non o fixo polo seu pobo.
é o que hai.
O que traballou por Fene foi Galego e por iso ides deixar que sexa o alcalde.
Que fixo Juventino por Fene se desde que se foi de Astano, cunha indemnización, non participou absolutamente en nada nin nunha sociedade cultural, nin deportiva, nin veciñal, en nada de nada, e pensades que ten dereito a ser alcalde de Fene, un dereito que non lle da o resultado das urnas, non esquezades que o BNG é a terceira forza do Concello e vós pensade que é a primeira. O futuro do BNG en Fene coa decisión de deixar que goberne o PP, ademaís de contrario ás orientacións do Consello Nacional do BNG, é negro como o carbón.
Non tedes futuro en Fene
Iván e Noceda levaron un serio correctivo do pobo de Fene e non teñen agora dereito a optar á alcaldia. Apoio a decisión do BNG.
que foi o que fixo o sr galego por fene "andaremos e veremos" o tempo non devolvera a razon o que pasa que sabedes onde vos metedes.
A xente que dí que esta decisión supón un suicidio non ten, con perdón, puta idea do que aconteceu estes 4 anos na Casa do Concello coa xente do PSOE. Suicidio sería volver a apoialos (ademais dunha hipocresía) PARABENS POLA VOSA DECISIÓN! NORABOA POR SERES DIFERENTES!
Dentro dun ano, Juventino terá abandonado o Concello de Fene e o Psoe e o BNG se poñerán dacordo para presentar unha moción de censura e gobernar Fene en coalición. Tempo ó tempo
Ivan e Noceda levaron un correctivo, e logo o BNG non levou un correctivo? Non baixou en votos? Os únicos que subiron foron o PP e Esquerda Unida.
O BNG pasa de ser a primeira a ser a terceira forza política en Fene, despois de ter durante 28 anos a alcaldía. Agora como os resultados electorais non lle permiten ó BNG ter a alcaldía, prefiren que goberne o PP. Como se pode ser tan inconsciente de deixar gobernar á dereita en FENE cando a esquerda ten 11 concelleiros?
O correctivo e para os catro partidos: Máis do 40% dos veciños de Fene ou non foi votar ou votou en branco
A esquerda? Que te refires ao PSOE? Ao PSOE chámaslle esquerda? En fin... Ah! Por certo, o BNG mantivo os seus concelleiros/as e aumentou a súa porcentaxe de voto mentres que o PSOE baixou máis de 8 puntos e 2 concelleiros/as (cómpre lembrar que o censo de Fene baixou desde 2007). O BNG, por coherencia, non pode darlle o goberno ao PSOE. ¿Por que non llo da o PSOE ao BNG??
Despois de ver a sumisión do Puentes
sen querer apoiar o levantamento do veto non sei a quen se lle pode pasar pola cabeza en volver a apoialo,so a un que non teña puta idea do que pasa no pobo e so se cre a palabrería do "nené televisivo".expes
70 e tantas persoas decidides que goberne a dereita cando miles de persoas votaron para que goberne a esquerda. Por que non lle preguntades ós vosos votantes se queren que sexa do PP o alcalde de Fene?
70 e tantas votaron ao PP?? E as outras 2.400????
O BNG non quere que goberne o PP. O BNG ten equipo e ten programa e quere gobernar. Só precisa o apoio dos demais grupos. Se finalmente goberna o PP non vai ser porque queira o BNG.
o bng xa esta reculando con respecto o sabado,estoume dando conta de que van facer o que diga ivan.Medo lle teñen o psoe,jajajajaja...O BNG NON TEN COHERENCIA NINGUNHA!primeiro din unha cousa e despois danlle a alcaldia a ivan.Tempo o tempo.
Se o BNG non quere que goberne o PP o que ten que facer é cumpri-lo acordado polo Consello Nacional do BNG e deixar que a lista de esquerdas que obtivo máis votos sexa a que ten a Alcaldía. Se quere formar parte do Goberno Municipal ou non é outro tema.
Deixadevos de caralladas da suba da porcentaxe de votos. Hai unha realidade: O BNG ten menos votos que nas eleccións municipais do 2007.
Pensades que ter 1800 e pico votos sobre 12100 votantes con dereito a voto, davos dereito á Alcaldía.
Fene precisa dun Goberno Municipal forte formado polo PSOE o BNG e Esquerda Unida.
Estou seguro que os votantes do BNG non queren que o alcalde sexa do PP, eles non votaron ó BNG para que agora goberne a dereita máis reaccionaria
Eu son unha persoa que escoita o que se fala na rúa, NINGUÉN que votou BNG apoia que se se dea o goberno a Iván (unha persoa que mandou aos tribunais ao antigo alcalde e algún concelleir@). Si o BNG pon a Iván na alcaldía o cabreo dos seus votantes pode ser DESCOMUNAL ademais de "confirmar" de que é o mesmo votar a uns que outros. Se goberna o PP é porque así o quixo (no meu entender equivocadamente) o pobo, Fene quixo un cambio e ese será da man de Tino ou de Sindo, non hai mais que pensar.
EN FUNCIÓN DE LAS CIRCUNSTANCIAS
En todo caso, no marcar una pauta desde la dirección nacionalista, implica, asimismo, no impedir la autonomía de las asambleas y consejos locales y comarcales, que determinarán en función de sus circunstancias. "Desde el principio de que vamos a garantizar las investiduras en el caso en que nos corresponda dar soporte, con el espíritu de garantizar la gobernabilidad", ha manifestado Guillerme Vázquez.
"Dejamos abierto a las decisiones, ni entrar por principio en los gobiernos de coalición", ha expresado y explicado que "no necesariamente sustentar significa entrar en los ayuntamientos", pero tampoco lo contrario, ha matizado.
quien da más?...
Eu tamen son unha persoa que escoita o que se fala na rúa e que son votante do BNG e non quero que goberne o PP e quero que me devolvades o meu voto se eso sucede e non contedes con el nunca máis. Os resultados electorais en Fene( ademais dun 40% de abstención) situan, dentro a esquerda, ó Psoe de primeiro, cunha forte baixada, ó BNG de segundo cunha baixada menor, e ó Esquerda Unida de terceiro cunha subida no número de votos.
Por que non decides que o Psoe vos ofreceu compartir a Alcaldía dous anos cada partido?
Si pactais con el psoe,por mí ya os podeis olvidar,y pobre del bng,que venga a mí casa a pedirme el voto,porque lo mando directamente a tomar por culo.
Lo que está claro que dentro de 4 años mayoría absoluta del pp.
no tengo duda.
Mirade como se meten os PPnazis a facerse pasar por votantes do BNG( nin sequera escriben en galego este de Galicia Bilingüe) para que non haxa acordo de goberno con Psoe e Esquerda Unida.
Sindiño: Non vas coller a alcaldía de Fene nin de coña con 6 de 17
Estais colgaos si le dais la alcaldía al PP. De la olla total.
Que mérito ten unha persoa que desde que se foi indemnizado de Astano para ser empresario, hai xa 25 anos, non participou en Fene en ningunha entidade asociativa de tipo ningún, nin cultural, de veciños, deportiva, ong, etc ? En 25 anos nada de compromiso social e colectivo so dedicado á súa empresa
Para o último comentario que tanto coñece a Tino ao parecer.
Polo menos ten experiencia en atención ao público e en xestión (dúas cousas das que carecemos na casa do Concello dende hai 4 anos). Qué méritos tén o de Magalofes e o resto da lista? (disque andan acojonados para repartirse as áreas de goberno). Quen coñecía a Iván hai 4 anos? MIRA TODAS AS CANDIDATURAS E DÍME EN CAL ATOPAS MAIS MOVEMENTO E COMPROMISO SOCIAL.
E por certo, o BNG no lle "dá a alcaldía ao PP", déronlla os 800 votos que perdeu o PSOE e como é lóxico o bloque non vai apoiar para a alcaldía a os PERDEDORES (agora estarán laiándose de non renovar un pouco a lista alomenos, pero cos mesmos de hai 4 anos sería hipócrita volver confiar). Tanto sair na TV e radio falando de "macropolítica" e non ter nin idea da municipal.
Segundo fontes fiabels, a estas horas as negociacions estan rotas e Gumersindo Galego e virtual alcalde de Fene. Teño entendido tamén que isto e debido a Chicho e a vella garda do BNG, que xa non distingue entre dereitas e esquerdas e que lle da igual quen goberne Fene mentres non sexa ese "socialista" de Ivan que denunciou a Pepiño.
Ao meu entender, o BNG deberia mandar a negociar a alguen que non sexa un dinosaurio politico, con prexuizos que o condicionen, é dicir,aos novos concelleiros, cunha vision real da sociedade fenesa e que non estan participando absolutamente nas negociacions pese á súa vontade.
Grazas por un goberno de dereitas en Fene.
AS GRAZAS DÁLLAS AO PSOE, que foi quen se cargou a esquerda de Fene. A visión real da sociedade fenesa é que non goberne Iván. Como é que non vos dá entrado na cabeza aos socialistas? Vós sodes os que estades enquistados e vós sodes o que lle dades a alcadía ao PP, 25 anos despois de cargarvos Fene seguides sen entender os sentimentos dos veciños.
Pero logo o BNG non baixou en votos? O Bng hai anos que abandonou todo compromiso social en Fene por iso todas as sociedades están esmorecendo como a de Barallobre, Maniños, Limodre etc. e outras que sempre foron xestionadas por xente progresista están en mans do PP como o Círculo de Perlío. Chicho cando un deixa a política a deixa para sempre e non anda enmerdando, para enmerdar xa tedes a Galdo a que tivestes de Concelleiro de Urbanismo do BNG e logo falades de chanchullos e de desgobernos. De saír na televisión quen sabe moito e é un experto e Pepe Rivera que outra cousa non sabía facer
A decisión de non apoiar o PSOE non é de Chicho nin de ningún outro "dinosaurio" nin "novo", é dunha asemblea local do BNG de Fene (de militantes e simpatizantes) máis participativa que nunca.
Bos días, eu votei nulo nestas últimas eleccións. Votei nulo, porque non quería dar o meu voto a unha posible coalición entre PSOE e BNG.
Porque, fora de todos os chanchullos dos que falades, dimes e diretes, ires e vires, nestes últimos catro anos non vin máis que palabras e palabras,valeiras de todo contido. Que eu saiba na oposición tamén se traballa, e tragar con carros e carretas soamente por seguir no goberno municipal paréceme bastante máis incoherente que goberne (sexa en minoría ou non)aquela forza que votou a xente do pobo, equivocada ou non.
Paréceme lícito que os partidos políticos marquen pautas xerais dende as súas direccións nacionais, pero sería inxusto que pesasen máis que as circunstancias e características do local.
Todo isto claro, dende a miña humilde opinión e tendo en conta que non teño moita formación política.
Participar na política non é necesariamente pertencer ou simpatizar cun partido político, máis participación e máis formación para o pobo.
Un saúdo.
Decidiuno unha Asemblea Local de sesenta e pico persoas, pero que pensan os outros 1800 fenenses que votaron ó BNG? LLes preguntastes se queren un alcalde do PP? Por que non decides que o PSOE vos ofreceu dous anos de alcaldía para vós e outros dous para eles, cousa que, de ser vós o partido con máis votos, nunca o teriades feito. Que fixo o BNG mentres estivo no Goberno de Fene e que fixo na oposición? Os votantes do BNG queremos que siga gobernando en Fene a esquerda, pero os iluminados e mantidos queredes que goberne o PP, para dentro dun ano presentar moción de censura e chegar a un acordo de goberno do Psoe e do BNG, cando teñades que buscarlle algún soldo ós mantidos
Os votantes e simpatizantes do BNG o teñen moi claro: Juventino Alcalde!!!
Hai equipo, proxecto e ideas.
Despois que cada quen faga o que lle pete, o PSOE quere desgobernar a toda costa Fene, sin equipo nin ideas, e o PP ten medo de gobernar, posto que non se sinten capacitados.
Este sábado a mellor opción e Tino Alcalde.
Bravú: Cando lle preguntastes ós 1800 e pico votantes do BNG que non foron ás asembleas se querían que Sindo Galego do PP fose alcalde de Fene? Dixestes nas asembleas que unha proposta do Psoe era que os catro anos da Alcaldía se repartisen entre Iván Puentes e Juventino Trigo( nen sequera en 25 anos foi quen de galeguizar o nome)? Durante a campaña electoral dixestes que non iades votar pola lista de esquerdas máis votada para que tivese a Alcaldía?.
Bravú: Onde desenvolves o teu traballo político e social? En que asociación, ong, colectivo, etc?.
Non entendedes que só hai dúas opcións que sexa alcalde Iván Puentes ou que sexa o PP, non hai posibilidade de que Juventino sexa alcalde en caso ningún.
Hai anos que o BNG vai costa abaixo en Fene por méritos propios e a única persoa que tiña valía persoal e política, o compañeiro Pancho Allegue, non está, desgrazadamente, para evitar que o BNG se suicide definitivamente como vai ocorrer cando, por culpa do BNG, goberne o PP en Fene despois de 32 anos das primeiras eleccións municipais.
Dentro dun ano, cando Juventino teña dimitido do Concello e volto á súa empresa para pasar de Fene outros 25 anos, haberá acordo entre BNG e Psoe para gobernar Fene con Iván Puentes de Alcalde e Polo de tenente alcalde. Xa o veremos
los concejales del BNG prefieren ser expedientados o incluso expulsados antes de aceptar de ser compañeros de viaje del PSOE.
Podria ser la noticia que ocurra el sabado despues del pleno.
O BNG xa non ten representación en Neda, Ortigueira e baixa en Mugardos, Cabanas, Narón, Cerdido, As Pontes, etc, etc. Xa non vai gobernar a Deputación da Coruña e despois de que os concelleiros e concelleiras de Fene proclamen a Sindo Galego do Partido Popular como novo alcalde de Fene van baixar máis en toda a comarca e desaparecer de Fene
pensade que como non poñades a ivan puentes no goberno,non vai ter para comer,por dios que ese homiño non ten traballo,metedeo no goberno de concelleiro de cultura alomenos,e con dedicación exclusiva...
JAJAJA! Canto socialista futurólogo hai por aquí, non hai que pensar dentro de 4 anos (que de todos os xeitos eu creo que sería unha debacle si se votara por Iván) hai que pensar no PRESENTE e o presente dí que FENE non quere aos mesmos destes últimos 4 anos. Ogallá que o PSOE tivese o que hai que ter para pensar antes en Fene que no que lle manden dende o seu partido xente que nunca pisou este municipio (como así o fai o BNG). Os que pensan co "estómago" sodes os socialistas, que vos quedan case que todos no paro!
Pero non presentantes a Pepe Rivera hai catro anos co argumento de que non podía ir para o paro e tiña que comer cunha dedicación exclusiva en Fene, e non metestes tamén a Polo que había catro días que vivía en Fene? Por que non presentastes a Pitusa como queeían moitos afiliados en vez de Pepe Rivera? Pero saíu o tiro pola culata e gañou o Psoe e o covarde Pepe Rivera xa non tomou posesión do cargo
A perro flaco, todo son pulgas. A los BNG. les digo que es mejor ir sólos que mal acompañados. Total !para como os han tratado!. Mal compañero de viaje el PSOE. Si las bases han recuperado su orgullo, me alegro por ellas.
Hacer siempre de muletilla barata por complicidad ideológica de izquierdas y para no dejar gobernar al PP se ha quedado obsoleto y resulta ya demasiado rancio hasta para los rojetes.
«A nosa proposta era que o PSOE nos apoiase e aínda non nos deu a súa resposta», argumentaba ayer la responsable local del BNG, Ana Santiago.
Absolutamente incrible o BNG que ten menos votos que o Psoe quere que este lle dea a Alcaldía
A tese do Raposo, co apoio de Chicho e Ana Santiago, trunfou en Fene: Xa tedes un alcalde o PP.
Agardemos que a primeira medida de Sindo Galego sexa desfacer Radio Fene e que o Raposo vaia a tomar polo cú
O que tantos consellos dá ao BNG, nin é votante del nin é de Fene. Verdade futurólogo bigotón?
Juventino Trigo (BNG) explicou a postura do seu grupo, recoñecendo que ao PSOE "votáronno 2072 veciños e veciñas de Fene". Pero Trigo asegurou que o candidato socialista xenera un "altísimo rechazo entre os 9971 veciños que non o votaron". Precisou que só hai que sair á rúa e preguntarlle á xente para constatar "esa evidencia". O BNG asegurou estar interesado pola gobernanza do Concello de Fene pero acusou tamén aos socialistas de non estar interesados en construir unha maioria alternativa de esquerdas ao Partido Popular xa que "se negaron a estudar a posibilidade de contar con Esquerda Unida nun hipotético acordo e só lle interesaba a alcaldía para Ivan Puentes".
A situación é a que é.O PSoe de Fene mentres teña a Noceda e ao Puentes ,non ten nada que tratar con Bloqye.Así que se queren xa os poden ir quitando de ahí como fixeron con Irisarri en Ferrol.
E ad cúpula do Bloque non vai coller represalias contra ninguén porque o grupo socialista de Fene nunca se caracterizou por unha defensa a ultranza do estaleiro.
Cousa que si defenden a cúpula nacionalista de Santiago.
Polo tanto,non é ningunha deslealtade o que pasou.
Que vaía entrando aire novo no Psoe,que más lles vale.
Señor Polo vostede quería ser alcalde por eso
Non votaron a o PSOE busque outro concello píos
Xa o votaron de NARON ágora Fene vallase para
Mugardos con el Sr. Barcia que xa lle deu traballo
Se o PSOE quería que a esquerda gobernase en Fene, podía empezar apoiando a investidura do candidato do BNG. No fondo, os socialistas baixaron en votos, e ademais non se pode dicir que a súa política sexa precisamente de esquerda. Para as próximas, póñanse todos a traballar. Porque se un partido como o PP, que nunca pasaba dos 2 ou 3 edís, se converte agora na forza máis votada, é que algo fallou na esquerda de Fene.
Polo carallo o Raposo vai deixar que Sindo Galego goberne catro anos. Agora vai ter o apoio de Daniel, a quen xa se lle acabou chuchar da teta en Compostela e ten que voltar a Fene, e entre os dous conseguirán que as augas volten ó seu cauce. É posible que o Psoe teña que desfacerse de Noceda, que é un dictador, pero non é menos certo que o BNG terá que desfacerse de Polo. A partir de aí podemos comezar a falar.
Xa pode o BNG voltar a traballar nas sociedades se non quere desaparecer, nas próximas eleccións municipais, do Concello de Fene como pasou en Neda
Para todos os que non o saibades, a Asamblea do BNG é SOBERANA.As decisions que nela se tomen son as que se terán en conta.Ademais queria deixar 3 cousas ben clariñas:
1.Polo que respecta as "vellas glorias",como vos lles chamades,estas foron as que levaron á GLORIA A FENE e para o Bng de Fene son unha referencia.Xa lles gustaria a outros partidos poder presumir de ter xente asi.Hai quen presumiu na investidura do sabado do seu pai,de que fora alcalde de fene,pero non dixo que fora na ETAPA FRANQUISTA.Creo non me atreveria a nomealo si me atopase no seu caso.
"DIME DE QUE PRESUMES Y TE DIRE QUIEN ERES", di o refran
Chicho nunca deixou a politica municipal:creo que non debes de vivir en Fene porque estas moi mal informado.
2.Por outro lado,creo que seria unha hipocresia para os votantes do BNG volver apoiar ó psoe porque,como todos sabedes,este pacto non funcionou.Agora seria volver a repetir a mesma historia,porque son os mesmos concelleiros nos dous grupos.
3.O BNG non é o responsable de que en Fene goberne o PP,como asi quere que o vexamos o psoe.Esta responsabilidade É DO POBO,que asi o quixo.
Pode haber moitos acordos nacionais pero se a militancia esta en contra,a sua opinion é a que conta.Nesa asamblea, esata decision de non pacto FOI POR MAIORIA.
Ao que lle parece incrible que o BNG sendo a 3ª forza en votos (so con 89 menos que o PSOE e subindo en porcentaxe), dicirlle que en Sada e en Moeche, por exemplo, o PP tamén é 3º forza e teñen a alcaldía, cando o BNG é a lista máis votada. Para abrir tanto a boca hai que tela moi limpa...
Es una vergüenza que el Bloque dejase la alcaldía al PP. Por lo que a mi se refiere 3 votos menos dentro de 4 años. (Y no serán los únicos) o desaparece la gentuza que aparece en la lista, empezando por un independiente de cabeza de lista
En Sada e Moeche a dereita se agrupou e non deixou que houbese alcalde de esquerdas. En Fene o BNG deixou que gobernase o PP.
O BNG estivo no Goberno de Fene 30 anos e dous na oposición, será por tanto quen ten a maior culpa da situación do Concello e de que o 40% da poboación de Fene non fora a votar.
O BNG fai acusacións sobre os concelleiros do Psoe, eles que tiveron a Galdo ,quen por certo fixo campaña a prol do PP, de concelleiro de Urbanismo facendo e desfacendo o que quixo
O BNG fixo moi ben votando ao seu propio candidato. Iván desacreditouse él sólo nos últimos 4 anos, e pensou que en 15 dias ia enganar a todo o pobo.
O unico responsable de esta situacion é o Psoe.Non se vai apoiar a Ivan si durante catro anos non fixo nada é, el sabe de sobras, que a union PSOE-BNG NON é viable en Fene.
Hai que mirar por Fene e non polos intereses do partido, Ivancito.
Soamente queren pactar para ganar a batalla o PP,ademais de para ter o poder.
Estou de acordo coa decision tomada polo BNG.
Prefiro un goberno de dereitas,por moito que me pese,a ter un goberno de esquerdas que non vaia funcionar (é refirome ó PSOE porque o BNG xa deixou claro en Fene,DURANTE 28 ANOS, que sabe gobernar).
Quiero intervenir en esta serena discusión para trasladar al BNG y a todos sus votantes, que me apoyaron sin saberlo, mis más sentidas GRAZAS.
No os defraudaré, gobernaremos como solo la derecha sabe hacerlo. Y os lo tengo que agradecer a vosotros.
Una apreta desas.
Gumersindo Galego
Ao Gumersindo "sociata" anterior, vai ladrar o teu resentimento no blog do teu partido ou directamente a Iván (ai non! que seguro que non está, que raro, como cando era alcalde) e logo queredes que o BNG vos apoie... PERO SI SODES DOENTES!! JAJAJAJAJA
Seguide oubeando e mentíndolle aos veciños, que ides voltar aos tempos nos que erades unha forza "residual" con Lalán!
Gracias Iván.
Gracias por divorciarte durante 4 años de la ciudadanía de Fene.
Gracias por demostrar que no erais competentes los 7 concejales socialistas para gobernar Fene.
Gracias por generar tanto rechazo entre los vecinos.
Gracias por coger una "perrencha" en que querías la alcaldía para tí e impedir así cualquier acuerdo para una mayoría distinta del PP.
Gracias por regalarme la alcaldia.
Xa dixo Carlos Aymerich que hai que reconducir a situación en Cuntis e Fene facendo que o Psoe e o BNG cheguen a un acordo, acordo que pasa por que o partido que teña máis votos, deses dous citados, teña a Alcaldía. Na Executiva Nacional xa están traballando na solución do tema e pronto haberá cambios nos concellos de Cuntis e Fene
Si, hai reconducir a situación canto antes, a ver si nos dous concellos se dan conta os socialistas dunha vez de que o pobo votou BNG contra eles. Se queren que goberne a auténtica esquerda que apoien ao BNG nas alcaldías dos dous concellos, pois tanto en Cuntis coma en Fene os veciños non os queren!!!
Deixadevos de chorradas ahora xa esta feito ,a metidura de pata do BNG,que quede claro que son votante de EU,Ahora deixade gobernar tranquilo ao PP os catro anos,a menos que faga unha desfeita,e para o ano 2015 o POBO falara outra vez,pasando o BNG como cuarta forza detras nosa.
¿Qué pasa no PSOE que xa nin siquera lle dan a Iván un posto na Deputación a pesar das súas maniobras? Si non se fían del no seu partido, porqué razón se teñen que fiar os de fora.
Que pasa no BNG que xa nin sequera lle dan un posto a Pablo Villamar, ata o de agora Vicepresidente da Deputación, a pesar das súas manobras?
Pois o que pasa é que lóxicamente se propuxo a un concelleiro de San Sadurniño porque nesta comarca o merecía, e no caso do PSOE LÓXICAMENTE logo do fracaso fenés non queren ao señor Puentes.
Enviar um comentário
<< Home