O BNG PEDIRA UNIDADE DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL FRONTE AOS PECHES DE CENTROS DE ENSINO POR PARTE DA XUNTA
Fene 18 de decembrode 2010.- O pasado mes de agosto a Consellaría de Educación recuaba, xustificando de “erro” a publicación no DOG do peche da escola de Limodre. Uns meses despois recóllese no catálogo de postos de traballo de mestres, en Fene, unha reducción de 34 postos fixos nos centros de ensino públicos. Isto non é un axuste técnico nin unha adaptación á demanda. No noso concello existen 88 profesores e profesoras entre infantil, primaria e especialistas. A xunta do PP prepara un recurte de profesorado para posteriormente poder pechar centros seguindo coa liña privatizadora e de destrucción de todo o sistema público de educación. Temos constancia da existencia dun informe da Inspección educativa no que se indica o peche dos centors existenten en Maniños(Os Casais) Limodre e Sillobre que afectarían a case un cento de pequenos e pequenas.
O vindeiro luns está convocado o Consello escolar municipal, no mesmo o representande nacionalista Edgar Vigo reclamará unidade de toda a comunidade educativa e da propia sociedade fenesa fronte a esta intención do PP de pechar centros públicos. Ademais o representante do BNG pedirá que se poña en marcha dunha vez a comisión, creada a proposta dos nacionalistas, para avaliar a situación do sistema educativo no noso concello e apostar pola súa mellora e continuidade.
A portavoz de educación do BNG no parlamento Galego ven de plantexar varias preguntas orais e escritas para interresandose pola situación do ensino en Fene. Ademais os nacionalistas pedirán toda a inforamación existente na consellaría relativa aeste asunto e especialmente o informe que xustifica o peche de tres centros de ensino.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home