3.12.10

O BNG ESIXE A PUENTES QUE SE FAGA CARGO DAS OBRAS MUNICPAIS

Fene 3 de decembro de 2010.- O BNG leva de novo a iniciativa no Pleno ordinario de decembro do concello de Fene. As comparecencias dos concelleiros socialistas, a petición do BNG, centraron boa parte da sesión plenaria de onte.

O presidente da comisión de desenvolvemento territorial non foi quen de explicar como ten sen iniciar nin unha das obras dos diferentes Plans provinciais, agora parece que só falla un "papel" de ADIF, o propio Puentes recoñeceu ser Fene o único concello da provincia sen facer unha obra cos fondos provinciais desde 2007. Para o BNG é moi preocupante que desde a chegada de Puentes á alcaldía se lle estean dando voltas a estas obras e non se execute nin unha. Como responsábel dos servizos municipais de mantemento, os nacionalistas tamén interrogamos ao concelleiro polo abandono no mantemento de camiños, recollida de augas, canos e rexistros, zonas verdes e edificios municipais. Por último preguntamos cantas licenzas de actividade teñen pendentes, xa que sabemos que hai negocios que levan máis de 20 meses agardando.

Atención aos veciños, neste asunto foi onde o portavoz nacionalista, Manuel Polo, se amosou máis duro”non se pode fuxir da atención á xente, non se pode non coller o teléfono pagado con cartos de todos, non se pode responsabilizar a un funcionario, á oposicón, a outro veciño ou a outra administración de algo que non se fai”. Manuel Polo esixeulle ao concelleiro traballo e atención aos veciños e senon que o alcalde colla parte das súas delegacións e as faga propias.

En canto á comaparecencia da concelleira responsábel da radio, para o BNG estamos ante un intento claro de reducir a emisora mnicipal á mínima expresión, baixando a calidade deste servizo público e desatendendo ao deporte afeccionado de Fene e a comarca. A crise como argumento da reducción de persoal, cando desde a chegada do PSOE ao goberno deixouse de cobrar publicidade, e se disparan gastos ordinarios algo inaudito en tempos de crise.

Moción de mellora do ferrocarril, a única moción pesentada no pleno e que saiu adiante cos únicos votos do BNG. Tanto PP e PSOE se abstiveron nunha moción que demanda a mellora do ferrocarril Ferrol Coruña e dos accesos ferroviarios aos portos interior e exterior de Ferrol