17.2.08

Fene, centro comarcal dos Voluntarios dos Montes


Fene volverá ser centro comarcal do Voluntariado en Defensa do Monte Galego. A iniciativa activaráse de novo no vindeiro mes de marzo segundo lle confirmou o Director Xeral de Xuventude e Solidaridade Rubén Cela á presidenta da Area de Dinamización Social do Concello de Fene, a nacionalista Rita Couto. O Voluntariado utilizará o local de Protección Civil habilitado no lugar de Vilanova en Fene e a edil do BNG lle trasladou ao representante da Xunta a súa disposición para acoller algunha iniciativa de formación dirixida aos voluntarios e voluntarias.

Dende Fene a Cariño
Os voluntarios con base en Fene atenderon o pasado verán aos Concellos da costa entre Fene e Cariño. Reuniron a 96 persoas, constituindo a base con maior participación de todas as establecidas en Galicia. Reunianse todos os sábados e domingos ás 10 da mañá para iniciar o percorrido polo monte, realizando labores de vixiancia ata as 20 horas. Colocábanse en puntos de boa visibilidade para detectar posibeis focos de lume, e dar o oportuno aviso aos servizos de extinción.
O Voluntariado en Defensa do Monte Galego foi unha iniciativa posta en marcha pola Vicepresidencia da Xunta a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Ao longo dos meses do verán do 2007, os participantes nos distintos dispositivos tiveron a oportunidade de coñecer o país, de apreciar a súa riqueza e de asumir a necesidade de preservar o noso medio natural de calquera ameaza. Realizaron un traballo de vixiancia e prevención dos lumes nos montes, logrando coa súa presencia disuadir e dificultar a acción de posibeis incendiarios. Cando detectaban un lume, daban o aviso ao persoal especializado na extinción de incendios.

1 Comments:

At 20:03, Anonymous Anónimo said...

Hai que darlle máis dinamismo a este blog, que está un pouco parado, e así non hai maneira de darlle interes á cousa.
Ás cousas que se fan, e se fan ben, hai que pregoalas aos catro ventos, que nos están comendo as papas, antes de que sexa demasiado tarde.
Sorte e saúde

 

Enviar um comentário

<< Home