8.9.07

Reclaman beirarruas en Chamoso, Rego da Moa e Santa Ana


A construcción de beirarruas, de aceiras, na Nacional 651 ao seu paso por Chamoso é a demanda que formula o Bloque Nacionalista Galego de Fene a través dun comunicado. O BNG reclama a conversión nun "boulevard" deste tramo de via entre a gasolineira de Fene e a curva de Santa Ana. Os nacionalistas aseguran que esa actuación convírtese nunha necesidade urxente para a protección dos peóns, dada a elevada velocidade dos vehículos que atravesan a zona. Tamén urxe a urbanización da zona do Rego da Moa, "diante da inminente entrada en servizo do vial que comunica Fonfria con Vilar do Colo, e o conseguinte incremento de paso de vehículos por este punto".
O Bloque lembra que o xefe do Servizo de Planeamento, Proxectos e Obras da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento Eduardo Toba se comprometera co goberno local anterior "a realizar as beirarruas, de xeito simultáneo á repavimentación do vial". Como queira que nestes dias se procede a botarlle unha capa de "slurry" a este tramo de estrada, a formación nacionalista reclama o cumprimento do compromiso completo e a realización desa actuación. O Bloque demanda asimesmo sinalización vertical e horizontal de reducción de velocidade na "curva de Santa Ana", lugar onde se teñen producido innumerabeis accidentes.

1 Comments:

At 00:49, Anonymous Anónimo said...

Que cara tedes! Sabedes que é ilegal (preguntade na segunda pranta á dereita), os veciños son os que teñen que costear boa parte destas actuacións, como noutras rúas do concello.

Ou é que eiquí hai cidadáns de primeira e de segunda división?

 

Enviar um comentário

<< Home