Anxela Bugallo intervén o martes na homenaxe a Pancho Allegue
A Conselleira de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia Anxela Bugallo intervirá en Fene no acto de lembranza a Pancho Allegue, concelleiro do BNG falecido o 4 de setembro do 2005. O recordo ao edil nacionalista terá lugar o vindeiro martes ás 6 da tarde no Parque Castelao, diante da placa que as sociedades de Fene adicaron o pasado ano a Allegue.
Nese acto organizado polo Bloque Nacionalista Galego, daráse a coñecer a iniciativa cidadán de formar unha entidade co nome de Pancho Allegue. A asociación instituirá anualmente un Premio co nome do concelleiro de Fene, que se otorgará a persoas, colectivos ou institucións que destaquen no eido do municipalismo e do sindicalismo. Entre os promotores da asociación “Pancho Allegue” se encontra o ex-concelleiro de Fene Andrés González Vizoso.
Pancho formou parte da Corporación de Fene durante 18 anos, e no momento da súa morte ocupaba o posto de primeiro tenente de alcalde. Con anterioridade participara de xeito activo na loita contra a reconversión naval nos anos 80, sendo referente do sindicalismo nacionalista no seo do comité de empresa de Astano. Ademais presidiu a Asociación de Viciños de Fene entre 1984 e 1987. A súa morte repentina aos 46 anos de idade, debido a un infarto de miocardio, causou unha fonda impresión no Concello de Fene e no conxunto de Ferrolterra. O seu multitudinario sepelio no cemiterio veciñal de Sillobre convertiuse nunha manifestación xeneralizada do agradecemento da povoación ao labor de compromiso de Francisco Allegue. O ano pasado, no seu cabodano, igualmente os cidadáns encheron a Praza do Concello de Fene nun acto institucional no que se presentou o libro “Pancho Allegue. Historia dun compromiso” de Maria Xesús Arias, Henrique Sanfiz e Manuel Mera. O vicepresidente da Xunta Anxo Quintana interveu nese acto loubando a xenerosidade e a entrega á causa nacionalista do edil falecido.
Fene, a 1 de setembro do 2007.

3 Comments:
Non Rita non, non vale que Astano faga barcos sendo público ou privado. Que esas verbas as digas durante a celebración dunha homenaxe a unha persoa que sempre defendeu a Astano como estaleiro público, non deixa de ser unha acción de moi mal gosto e unha absoluta falla de respecto a Pancho Allegue.
¡Así lle vai ó BNG en Fene e moito peor lle vai a ir!
Si anónimo si! Quen reclamou e quen reclama a creación de postos de traballo nunha comarca reconvertida e puteada polo turnismo estatal sempre deu a cara (Pancho, Rita, Pepiño,...).
Agoireiros turnistas anónimos, non grazas!
Paco Rodríguez deixa o Congreso e ábrelle paso a Francisco Jorquera
O secretario xeral da UPG leva nas Cortes desde 1996. Quintana di que o seu traballo é "dificilmente igualábel".
Lunes, 24 de septiembre de 2007
Paco Rodríguez é o líder da UPG
XORNAL I A Coruña/Santiago.- Vaise do Congreso dos Deputados Francisco Rodríguez, un dos grandes líderes do nacionalismo galego, e chega Francisco Jorquera, un home do aparato do BNG.
A Unión do Povo Galego (UPG) na que militan Rodríguez e Jorquera é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confuirían no BNG.
A UPG ten 1.300 militantes e o seu voceiro dende 1965 é "Terra e Tempo". O seu presidente dende 1977 é Bautista Álvarez e o seu secretario xeral Francisco Rodríguez. A Unión da Mocidade Galega que se constituiu en 1977 é a organización xuvenil do partido.
Anxo Quintana falou na Radio Galega sobre o labor que desenvolveu o deputado nacionalista Francisco Rodríguez no Congreso español nos últimos 12 anos: “O seu traballo é dificilmente igualábel e Galiza débelle moito”.
Logo de recoñecer que a miúdo mantén puntos de vista distintos aos do líder da UPG, sinalou que está convencido de que Rodríguez, que se retira da vida parlamentaria, vai “permanecer activo na política e iso para o BNG é moi importante”.
COMENTARIOS
Asunto: O valedor de Reganosa
Autor: toxeiro
(regadeles@yahoo.es)
Comentario:
O principal valedor de que se construira unha planta de gas dentro da Ría de Ferrol, abandona o congreso ¡ É unha moi boa noticia para Ferrolterra!.
Grazas a Paco Rodriguez, o BNG perdeu as alcaldías de Fene e de As Pontes e 10000 votos en Ferrolterra . No Concello de Ferrol de seis concelleiros pasarona a 2. Na manifestación do día 3 de xuño cando se escoitou dicir o seu nome a Praza de Armas de Ferrol foi toda ela un asubío.
Vai, vai que te leve o demo, vai, vai que te vai levar.....
Enviar um comentário
<< Home