16.2.07

Reclamamos á SEPI a cesión dos terreos ociosos de Astano

O BNG de Fene súmase á reclamación realizada por unanimidade no Parlamento Galego, na que se lle solicita á SEPI a cesión dos terreos ociosos de Astano para a execución do denominado Plan Barreras. O Bloque adoptou esa resolución nunha asamblea de militantes celebrada na tarde noite de onte.

Os nacionalistas afirman que a volta á construcción naval civil é xa unha demanda unánime en Ferrolterra e en Galicia enteira. Indican que non se resignan a ver como nos paises máis desenvolvidos de Europa como Alemania e Dinamarca se reactivan os estaleiros, mentras “en Fene vémonos encorsetados por un hipotético acordo segredo entre a SEPI e a Unión Europea”.

Segundo o Bloque, “agora o Goberno do PSOE ten que poñer toda a carne no asador para facer viable a proposta presentada pola Conselleria de Innovación e Industria da Xunta de Galicia”. “Se non aceptan o Plan Barreras, o executivo de Zapatero, veráse obrigado a constituir un complexo integral da construcción naval, para que dende o sector público se atenda ao sector militar e civil nas dúas beiras da ria de Ferrol” manifestan os nacionalistas. O BNG tamén esixe o mantenemento das garantias laborais e sociais para os actuais traballadores de Navantia Fene, a través da súa integración opcional no plantel de Navantia Ferrol, e coa aplicación dun novo expediente de prexubilación.

2 Comments:

At 18:29, Anonymous Anónimo said...

A ver se Zapatero e Touriño demostran na defensa do emprego de Ferrolterra, a mesma enerxia que utilizan para a xusta loita dos traballadores de Delphi en Puerto Real.

 
At 22:38, Anonymous Anónimo said...

Opino coma ti,mais tambem creo o BNG deberia transmitir esa mensagem.
Sobre o plam Ferrol d Torito so dicir umha cousa nom queremos mais Imenosas,Rubber e muitas mais.

 

Enviar um comentário

<< Home