Empresas de base tecnolóxica para Vilar do Colo
A instalación dun viveiro de empresas de base tecnolóxica en Vilar do Colo, foi unha das propostas que presentou o candidato a alcaldia do BNG de Fene Xose María Rivera no acto celebrado na Sociedade Agarimo de Sillobre. A instalación de firmas relacionadas co sector naval é outra das posibilidades baralladas na actualidade, sempre no camiño da especialización que aproveite sinerxias e xenere emprego, segundo a formación nacionalista. Rivera Arnoso insistiu na urxencia de acometer a terceira fase do parque empresarial, unha vez agotado o chan dispoñible na primeira e segunda fase da instalación. "Se a SEPES continua coas súas reticencias para ampliar Vilar do Colo, recurriremos a XESTUR para que execute esa actuación tan necesaria" manifestou o actual alcalde e candidato nacionalista. O Bloque tamén propuxo aplicar a normativa da Sociedade Estatal, e anular o contrato asinado con aquelas empresas que adquiriron parcelas, e, sen causa xustificada, seguen coas súas propiedades abandonadas.
O BNG está a repartir a domicilio papeletas de votación e programas dende o comezo da campaña electoral. Antes do domingo 27, os candidatos nacionalistas visitarán todas as vivendas de Fene, solicitando o apoio da cidadanía e demandando tamén propostas e suxerencias para a actuación municipal. Dentro a campaña de actos na totalidade das parróquias, o Bloque acude mañán venres a Magalofes. No local social falarán ás oito da tarde, Olegario Otero, Inés Roca, Manolo Pico e Xose María Rivera.
Fene, a 17 de maio do 2007.

3 Comments:
Estíven informándome para votar nestas proximas eleccións de todos os candidatos que se presentan e tamen dos partidos políticos que representan, todos ofrecen, din , desdín etc,algúns dín que levan candidaturas novas, sin ser certo, que renovan ,sin renovar,e presumen e falan de concellerías da muller, paridade, etc,e me contaron e despois me cercionei que na súa executiva só ai unha muller,é unha pena porque ía votar ao psoe, agora declínome mais polo BNG,renovaron a candidatura e vai xente moi nova.
A mín paréceme todo fantástico, pero non podemos seguir permitindo nin un día máis que os residuos industriais de Vilar do Colo sigan vertendo directamente ás praias de Limodre, que aínda que a algúns dirixentes municipais o esquezan, continúan sendo de Fene.
Xente novísima, pero se alguén quere votar renovación, non parece que votando ó partido que leva gobernando fene durante case trinta anos, se vaia acadar moito aire fresco.
Enviar um comentário
<< Home