23.1.07

Fernando Blanco presenta o proxecto de novo estaleiro para Fene

As xestións da Consellaría de Industria, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, xunto coa presión parlamentaria do BNG, desembocaron no proxecto que presentou o Conselleiro en compañía do Presidente de Barreras. O proxecto será financiado conxuntamente polo estaleiro vigués e as dúas caixas galegas. Terá carácter totalmente privado e por tanto non se vería afectado polos vetos negociados coa UE polo PSOE e ratificados polos gobernos ulteriores.

Barreras aspira a comprarlle á SEPI os terreos desaproveitados por Navantia e a ocupar aos traballadores inactivos, xerando 300 empregos directos e 2000 indirectos. Portos de Galicia considera a opción de retirarlle a concesión dos terreos a Navantia se incumpren os termos da cesión, isto é, a falta de actividade.

Minutos máis tarde do anuncio, a SEPI, sociedad estatal propietaria de Navantia, e principal escollo non político para a revitalización industrial da comarca de Ferrolterra, apresurouse a cualificar de sorprendente e irrealizable o proxecto, sen tempo para analizalo.

O alcalde de Fene e candidato á reelección declarou hoxe que non se entende como desde Madrid se poñen trabas unha e outra vez aos proxectos en positivo de desenvolvemento económico da Comarca. Este comportamento obstaculizador imita ao que a SEPI levou a cabo coa ampliación da terceira fase do Polígono de Vilar do Colo.

Os axentes económicos, por voz do presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, xa deron o seu visto bo a esta iniciativa de desenvolvemento industrial.

Sorprende o tratamento informativo que La Voz de Galicia lle dá a esta noticia. Na versión electrónica do caderno comarcal non aparece ningunha nova relacionado con isto, e nas páxinas galegas destaca como titular a reacción negativa da SEPI antes que a noticia do proxecto.

A noticia podese ler aquí , aquí e máis aquí.

A sucesión dos acontecementos en tres pasos: 1, 2 e 3.

4 Comments:

At 09:18, Anonymous Anónimo said...

Logo a Sepi que quere? veño de oir a Martinez Robles na Radio Galega, e fixo comentarios como "Navantia Fene está apleno rendimiento" "la idea está poco estudiada" "esto daña la imgen de España" Pois eu quero dicirlle a M.R. que o problema é que a mocedade de Fene e da Comarca non temos moito traballo e que se non lle vale o plan que poña outro mellor sobre a mesa.

 
At 16:36, Anonymous Anónimo said...

A comarca non esquecerá esta nova AGRESIÓN por parte do PSOE. Que mal lles fai que produzamos barcos sen subvencións? O único que se pide é que, se a eles non lles interesa o estaleiro, polo menos deixen facer!!!

 
At 17:05, Anonymous Anónimo said...

Pero mira que tedes cara. Non estabades en contra das privatizacións. Por que non lle preguntades aos sindicatos de barrera en Vigo como tratan aos traballadores. Da noxo ver ao bng e semellante compaña.

 
At 16:41, Anonymous Anónimo said...

Non á privatización de Astano, que se vaia ó carallo a UPG

 

Enviar um comentário

<< Home