24.5.06

Fene debia baixar á segunda categoria, segundo a antiga interventora municipal

Martina Folgueira, antiga interventora do Concello de Fene: “Fene deberia ser un Concello de segunda categoría, e non de primeira como está agora catalogado. Pese a que houbo un acordo plenario inicial que posibilitaba ese acordo e abría as posibilidades ao concurso ao que podería, coa inferior categoria, optar a interventora, o Bloque finalmente se opuxo”. Son manifestacións textuais da antiga interventora municipal Martina Manteiga no periódico El Limpiafarolas de San Bartolomé, nas Illas Canarias.

Martina Manteiga defende os seus intereses de conservar o seu emprego en Fene, ainda recoñecendo que non tiña categoría para concursar a esta praza con carácter definitivo. Pode ser lexítimo o seu interese, pero o que se desprende da citada entrevista son os verdadeiros motivos que levaron ao PP e ao PSOE para votar a favor de rebaixar a categoría do Concello de Fene. Para favorecer intereses persoais –das persoas que daquela ocupaban as prazas de secretaría e intervención- esqueceron o seu deber de defender o progreso da comunidade, e de buscar sempre o mellor para Fene.

6 Comments:

At 13:35, Anonymous Anónimo said...

¿Ou sexa que a interventora como non tiña suficiente titulación para a praza, quíxolle rebaixar a categoria ao Concello?
Vaia morro

 
At 16:24, Anonymous Anónimo said...

Non se pode tergiversar a verdade por cuestións puramente políticas:
Primeiro: Martina, é Interventora da escala de intervención-tesoureria, con habilitación nacional, nomeada polo Ministerio de Admons.Públicas, (o sei porque é compañeira miña da promoción de 2003) además sacou as súas oposicións cun dos mellores postos
Segundo: Os tributos dos Concellos, non quedan afectados pola categoría da secretaria do Concello, en todo caso, é antes da modificación da Lei das facendas locais, polo número real de Habitantes do Concello, é en eso, os funcionarios non teñen nada que ver
Terceiro: o interés do BNG de Fene, por funcionarios de categoría superior, non se corresponde con que actualmente a interventora de Fene, sexa secretaria interventora de Concellos de 3ª categoría, e non pertenezca siquiera á escala de Intervención-Tesoureira
COMO COMPAÑEIRO QUE SON DE MARTINA, NON TEÑO NINGUNA DUBIDA DA SUA PROFESIONALIDADE, OS FUNCIONARIOS SOMO FUNCIONARIOS, E NON POLITICOS E NECESITAMOS INDEPENDENCIA PARA O EXERCICIO DAS NOSAS FUNCIONS O SERVICIO DOS INTERESES DOS CONCELLOS. ROGO QUE OS POLITICOS O TEÑAN EN CONTA E NOS DEIXEN REALIZAR O NOSO LABOR CON DIGNIDADE. HOXE LLE TOCOU A MARTINA, MAÑA ME PODE TOCAR A MIN, UN POCO DE RESPETO OS FUNCIONARIOS

 
At 10:23, Anonymous Anónimo said...

Basta xa de falsedades¡¡¡
A verdadeira historia é a seguinte. Fene é un concello mal catalogado de 1ª categoría porque non acada os 20.000 habitantes e ben podería ser catalogado de 2ª pola Comunidade Autónoma de xeito automático. Pero ¿cál é a diferenza entre un concello de 1ª e outro de 2ª?. Básicamente no que fai referenza ós efectos para os habitantes de dito concello non hai ningunha diferenza. Únicamente nos postos de traballo de SECRETARÍA e INTERVENCIÓN pódese falar de diferenzas .
Un concello de 1ª ocupará as suas prazas de Secretaría e Intervención por medio de Funcionarios Habilitados Nacionales de categoría Superior, mentras que nun de 2ª ditas prazas serán ocupadas por Funcionarios Habilitados Nacionales de Categoría de Entrada.
A diferenza entre ambos é básicamente a experienza e os puntos acumulados.
En Fene nos derradeiros vinte años os Habilitados Nacionales véñense a suceder sen un mínimo de permanenza en ditos postos (todos os veciños vemos como cambian o Secretario e o Interventor cada dous por tres). Isto débese a que Fene non é un concello que satisfaga as perspectivas de traballo dun Habilitado Nacional de Categoría Superior e veñen só “de paso”. Claro está que para certos estamentos políticos do Concello isto é o que convén. Así pódese “cortar o bacallao” como lles pete. Tamén se poden facer favores tendo unha das prazas ocupadas por persoas “en funcións” ou con postos “acumulados”.
As oposicións para chegar a Funcionario Habilitado Nacional tanto en Secretaría como en Intervención son durísimas, e os postos a ocupar son cada vez menos. Sen embargo os postos de Fene non se cubren xamáis por moito tempo.¡Qué raro!. Por contra, todos os concellos do contorno de Fene DEBIDAMENTE CATALOGADOS NA SUA CATEGORÍA contan con funcionarios permanentes coa sua categoría correspondente.
Isto non é como o fútbol. Como alguén quixo facernos crer dende Radio Fene: “agora somos de 2ª división”. Non nos chupamos o dedo.
Conclusión: Se queremos ter uns postos de traballo debidamente ocupados según marca a Ley, e por funcionarios independentes e permanentes que non se deban a favores da Corporación temos que por a Fene na categoría que lle corresponde.

Máis claro auga.

 
At 17:19, Anonymous Anónimo said...

Véselles o plumeiro a estes dous comentaristas. Unha cousa é que a antiga interventora defendera os seus intereses persoais dunha ou doutra praza. E outra moi distinta que uns partidos políticos abdiquen de defender á colectividade, por motivos inconfesabeis. ¿Cales son os beneficios de rebaixarlle a categoria a Fene?

 
At 11:30, Anonymous Anónimo said...

VERGONZA, RABIA E CORAXE, son as primeiras palabras que me veñen á cabeza ao ler semellante despropósito, tanto máis cando as verteron uns representantes municipais que perderon totalmente o norte. Como é posible que uns señores que se chaman a si mesmos políticos teñan a ousadía de xulgar o traballo dun habilitado e de poñer na súa boca palabras que non son certas dunha entrevista a un medio de comunicación? Parece que a ignorancia, señores, é moi, moi atrevida e que esquecemos que, moi frecuentemente, os medios de comunicación, fundamentalmente, escriben historias, case que xamais transcricións literais dos datos que se poden ofrecer nunha determinada entrevista.
En calquera caso, non é o realmente grave. Como compañeira de Martina, o que me indigna é que uns políticos cunha gran responsabilidade nas tarefas de goberno, se atrevan a dubidar da profesionalidade dunha compañeira, cando todos sabemos a dificultade que ten unha oposición de Intervención-Tesouraría, gañada, ademais, de forma absolutamente brilante pola interesada. Oposición que non só lle permite optar a calquera praza de Intervención de categoría de entrada (concellos de entre 5.000 e 20.000 habitantes), senón tamén ocupar o cargo de Tesouraría en concellos de categoría superior (máis de 20.000 habitantes), como está facendo na actualidade nas Illas Canarias.
Coa información absolutamente falsa que verteu o grupo municipal, orixinouse un comentario bastante despectivo, obviamente realizado con base nunha información terxiversada, feita con toda a intención de causar un dano moi directo a unha compañeira. Afortunadamente, lin outros dous comentarios, nos que se pon de manifesto a única verdade que existe neste tema.
Aínda que a moitos lles doa, dende o punto de vista estrictamente legal, Fene, señores, é un concello que debe estar catalogado como de entrada, en función da súa poboación e do seu orzamento, e que esa catalogación non ten outros efectos que permitir a cobertura das prazas de habilitación nacional, por compañeiros da categoría, dos que hai moitos e todos absolutamente cualificados, entre eles, Martina Manteiga.
Por ese motivo, deixen de facer un uso torticero da imaxe dunha persoa, que tal e como confirmo eu como compañeira e outros que xa o fixeron, non só é unha excelente profesionalque a levou á Intervención dese concello, que agora a cuestiona, dunha forma irreprochable durante case que dous anos, senón unha grande persoa que merece e debe ter todo o apoio dos seus compañeiros.

 
At 21:03, Anonymous Anónimo said...

hello,
i hope you remember me. explain my work at www.sunshine-herders.de

sven

 

Enviar um comentário

<< Home