10.9.08

Demandan a conxelación dos impostos municipais


O Bloque Nacionalista Galego diríxese ao alcalde de Fene Iván Puentes e lle prega a conxelación das taxas municipais. O BNG indica nun comunicado que, diante da evidente situación de crise económica que xa padecen numerosos cidadáns de Fene e de Ferrolterra en xeral, con elevados índices de desemprego que superan as taxas de Galicia e do Estado, o municipio fenés debe dar un paso adiante, para intentar paliar os efectos da recesión nos sectores sociais máis desfavorecidos. O vindeiro outono a Corporación debe debater unha hipotética modificación das ordenanzas fiscais para o 2009, onde se incluen impostos como o suministro de auga, saneamento, recollida de lixo ou rodaxe de vehiculos, entroutros. Os nacionalistas propoñen que acitada revisión se acometa, co criterio xeral da conxelación, independentemente de que estudos puntuais nalgunha ordenanza xustifiquen algun cambio. O BNG tamén demanda que os cambios propostos se contrasten co movemento asociativo como se ven facendo en Fene, desde 1979.

5 Comments:

At 16:45, Anonymous Anónimo said...

Paréceme unha medida ben incoherente, oportunista e en calquera caso pouco explicada. Unha forza pretendidamente de esquerdas nun concello inequivocamente de esquerdas debería ter outro discurso, o do público e o da progresividade fiscal, mesmo sendo todo o liberal que se queira.

Nas épocas de crise económica (en Ferrolterra máis) as necesidades de servizos públicos non só se manteñen senón que se agudizan.

Evidentemente non se debería subir a presión fiscal, pero tampouco baixala, ou os que capearán máis facilmente a crise serán precisamente os que teñen recursos abondos.

O que cómpre é reconducir o gasto a aquelas cousas perentorias: servizos sociais e servizos básicos fundamentalmente.

A medida correcta a propor sería por tanto, non conxelar os tributos como dá a entender a noticia, senón corrixir as ordenanzas fiscais para que se obteñan máis recursos de quen máis ten e menos de quen non.

Só dese xeito se poderá contar co mesmo diñeiro en total e facer máis xusto o gasto, para investir en quen máis o necesita.

No caso concreto de Fene algunhas figuras que se poden retocar son: construcións (3ª fase polígono), licenzas urbanísticas, tramos superiores do imposto de vehículos (4x4, luxo), uso de instalacións municipais e ocupación de espazos públicos, etc...

É preciso concienciar á xente de Fene de que somos o concello de Galiza coa poboación máis dispersa. O noso municipio conta con máis de 5 entidades singulares de poboación por km2, o valor máximo de Galiza. As tres parroquias máis urbanas do concello apenas contan coa metade da poboación municipal, e iso contando as zonas rurais que teñen. Temos núcleos tradicionais espallados que medraron sen control durante a época de esplendor dos estaleiros. Levar os mesmos servizos públicos e nas mesmas condicións a todas as casas de Fene supón para o noso concello, isto é para os veciños todos, un esforzo superior ao de calquera outro lugar de Galiza, pois cada servizo vai custar máis aquí por Km (lixo, luz, auga, saneamento, transporte, etc...).

Temos moitas carencias aínda por cubrir e solucionar. Así que, a conxelación fiscal o único que fará será conxelar esas carencias, adelgazar o público e engordar o privado.

E tamén elevar o gasto en persoal do Concello, e reducir o gasto social e o investimento. Fene é un dos Concellos que máis persoal ten de Galiza por € de orzamento. Así que o reto apra os políticos é lograr voltar máis eficiente e máis eficaz o que hai, saber organizalo e medir o resultado do traballo.

Do contrario, efectivamente,mellor privatizar todo, incluíndo a política.

 
At 12:04, Anonymous Anónimo said...

Unha cousa é conxelar a presión fiscal e outra baixala.
Ao mellor o que se pode facer é empregar mellor os recursos existentes, e por moi de esquerdas que sexa unha organización politica hai que ter cabeza.
Coa dispersión que temos o mellor é optimizar recursos, e isto inclue non gastar preto de 30.000 € en flores, 60.000 € brutos en persoal de confianza etc.
Subirse 400 € os concelleiros de goberno por algo que ven a ser "reunións co sr. Puentes" etc.
A situación económica de Fene, non variou moito desde hai dous anos, e non me explico coma cuns ingresos similares o concello pode soportar estes gastos e mais cando o Sr. Alcalde, anuncia na prensa a bombo e platillo que diminuiu a débeda, o que non dí e que no pleno do verán se aprobaron facturas por un valor superior a 600.000 , que estaban esperando caixón, e desde esa data, xa non se dí nada da débeda que extrano.
Hai que pedir as subvencións con xeito, as adminisracións ofrecen subvencións pero o concello sempre ten que poñer cartos, exemplo cartos para a herba artificial pero o concello tamén ten que poñer, cartos para xoguetes, pero o concello tamén ten que poñer, o que se está a facer é aumentar a débeda de forma descontrolada e sin xeito, hai que pedir as qiue fan falla, e deixarse pedir subvencións por pedir que o único que fan é hipotecar mais o concello.
Como remate sentidiño común que corren malos tempos, e ule mal a situación económica de Fene, e ao final ninguén vai a ser responsable e pagarán os veciños.

 
At 15:56, Anonymous Anónimo said...

A reducción da débeda que dixo a Sr. Alcalde queroa ver a principios do 2009, cando se aprobe a conta de este ano, é coma cando empeza a ligar e estás esperando pola guía marca, par ter tódolos datos de xogadores e equipos, van a aparecer sorpresar pero moi negativas, tempo ...

 
At 17:14, Anonymous Anónimo said...

De verdade, non sei que facedes gobernando co PSOE, na caida do alcalde, concelleiro de persoal e demais maravillas que hai coma concelleiros, vanvos arrastrar na caida, liberademos deles, e recuperade a realidade Fenesa, o polo menos trate de arranxar o desaguisado económico no que están a meter o Concello.

Sede intelixentes, senón nas proximas eleccións os vades a notar de forma moi negativa.

 
At 11:21, Anonymous Anónimo said...

eu dende logo non votarei nunca mais a coalicion bng-psoe.

 

Enviar um comentário

<< Home