30.10.06

Un concelleiro do BNG de Fene logra visitar o Sáhara Occidental


Xosé María Permui, concelleiro do BNG de Fene e membro da dirección do Fondo Galego de Cooperación participou xunto a outras tres persoas nunha visita sorpresa aos territorios ocupados do Sáhara Occidental.

Permui, xunto co membro do Consello Nacional do BNG, Duarte Correia, a representante dunha ONG e unha xornalista lograron burlar o control férreo que Marrocos impón en El-Aiún para evitar que estranxeiros poidan coñecer a verdadeira situación do pobo saharaui.

Mentres, o goberno español segue sen impulsar a nivel internacional unha saída pacífica e xusta ao problema do pobo saharaui, e o problema da antiga colonia española (agora marroquina) segue enquistándose sen visos de solución.

Nesta web podedes ler a crónica da viaxe.

4 Comments:

At 01:39, Anonymous Anónimo said...

Siento discrepar en "colonia española (agora marroquina)". El Sahara está considerado "Territorio pendiente de descolonizar" por la ONU y Marruecos es "Fuerza Ocupante".
Por otro lado, os recomiendo colgar todo el texto y las fotos
Un saludo y "graciñas"
Prada
webmaster@saharalibre.es

 
At 16:43, Anonymous Anónimo said...

Moi ben, que solucionou? Que nos mostre a realidade do sahara!!, non ía pra iso?

Noraboa polo paripé!!

 
At 15:07, Anonymous Anónimo said...

1. O concelleiro Xosé María Permui realizou a viaxe en calidade de directivo do Fondo Galego de Cooperación. Por aclarar, que hai moita xente con gañas de largar contos e estamos en épocas propicias.

2. A denominación da ONU non deixa de ser papel mollado, un paradoxo máis como outros moitos que podíamos describir en Cuba ou Palestina, por exemplo.

3. Imaxino que non se colgou máis texto e imaxes porque se poden consultar directamente a través da ligazón á publicación orixinal.

4. Esta viaxe, inédita nos últimos tempos de silencio encol do referendo, serven para denunciar a situación acalada por medios e governos como o do PSOE de Zapatero (e antes o do PP de Aznar, lembremos o episodio da invasión dunha rocha no Mediterráneo).

5. Até o xornal ruso Pravda se fixo eco desta viaxe nesta noticia

 
At 10:14, Blogger cneirac said...

E Manolo Rivas, hoxe 11 de novembro en El País, faise eco da manifestación convocada para protestar pola situación do Sáara Occidental e o ollar cara a outro lado do Goberno Español.

 

Enviar um comentário

<< Home