25.1.06

«Ábrese un novo cenario político», afirma Jorquera

O senador e coordenador da executiva do BNG Francisco Jorquera afirmou que a distinción entre nacionalidades históricas e rexións terá efectos políticos prácticos positivos para o noso País.

No auditorio do local do Bloque de Fene, ateigado con máis de 80 afiliados/as e simpatizantes nacionalistas e que ficou pequeno para a ocasión, o político ferrolán pronunciou na tarde de onte unha charla na que salientou o novo cenario político que se abre a partir do acordo do Estatuto de Cataluña.

Perante esta novo cenario o BNG propugna a inmediata constitución da ponencia parlamentaria para a redacción do novo Estatuto de Autonomía. Os grupos políticos, pero tamén o tecido social, deben participar nese proceso, segundo Francisco Jorquera.

Con este acto, o Bloque Nacionalista Galego de Fene iniciou a posta en práctica do seu Plano Estratéxico aprobado hai varias semanas pola Asemblea Local.