27.12.05

Ola!

O Bloque Nacionalista Galego goberna en Fene (Galiza) dende 1979. A defensa da nosa industria e economía, a promoción da nosa lingua e cultura, a honradez e eficacia na xestión, son algúns dos eixos que guiaron a súa actuación dende aquela.

Nos últimos tempos o goberno municipal do BNG ven impulsando políticas sociais, culturais e económicas vincluladas ás novas tecnoloxías da información e da comunicación (NTIC).

Neste contexto é onde inserimos a versión electrónica do noso boletín informativo, Fenicia, cuxo número 0 foi editado en 2004 e distribuído en versión papel a todos os fogares de Fene, e que a partir de agora actualizaremos de forma continua neste novo soporte electrónico.

O BNG anima a toda a veciñanza de Fene a participar activamente neste foro, deixando os seus comentarios, pareceres, denuncias, críticas que teñan a ben. Todos os comentarios decalquera natureza serán respeitados, como corresponde á filosofía aberta e participativa deste medio de comunicación. O consello de redacción resérvase, porén, a potestade de retirar aqueles comentarios que atenten contra a dignidade e o debate limpo e transparente.