3.1.06

Fondos europeos para o Belelle

O Concello de Fene acondicionará os accesos á fervenza do Belelle. Representantes municipais presentaron o proxecto, cun presuposto que supera os 230.000 euros.A Unión Europea financiará o 70% do investimento a través do Plan Proder. A obra comezará a executarse en canto conte co visto bó da Asociación Costa Artabra, algo que o Concello da por feito. Recuperaránse os máis de 1.500 metros que separan a aldea de Marraxón do pé da fervenza. Poderánse apreciar os exemplares de flora autóctona que abundan pola zona, salientando as abeleiras, os loureiros, carballos, silvas e fentos. Instalaránse barandas de protección, unha pérgola de madeira na zona das ruinas do merendeiro e paneis explicativos do funcionamento dunha central eléctrica. Con esta iniciativa preténdese potenciar e divulgar unha singular paisaxe natural, así como a espectacular caida das augas do Belelle. Trátase de favorecer o acceso da xente a unha zona de gran riqueza natural, como método para insistir na necesidade de respetar o medio ambiente.