As débedas do Concello de Fene poñen en perigo os salarios do persoal subcontratado
Fene 2 de setembro de 2010.- A mala xestión económica do goberno de Puentes pon contra as cordas a varias empresas subcontratadas para prestar diversos servizos no concello. No BNG temos coñecemento de que varios traballadores están a sufrir atrasos no pago dos seus salarios pola falta de liquidez das empresas contratadas polo concello. As razóns non son outras que a acumulación de facturas sen pagar no
último ano e a situación irregular da contratación, pola que os empresarios carecen de contrato e polo tanto non poden acreditar ante as entidades financieiras o soporte legal para acceder a liñas de creto.
As empresas afectadas atópanse dobremente afectadas por unha banda ao carecer de contrato co Concello corren o risco de non cobrar e por outro o seu persoal que si conta con contrato ten dereito a cobrar puntualmente. De seguir así esta situación pode traer numerosas demandas nas que na opinión do portavoz nacionalista no concello, Manuel Polo, o responsábel final é sempre o concello como administración contratante.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home